Vigo, Galicia
General Política Vigo

El BNG de Vigo llama a formular alegatos vecinales para mejorar unos presupuestos municipales de 2023 elaborados sin diálogo

A fronte nacionalista vén de dirixirse a asociacións e entidades da cidade para animalas a presentar as súas demandas fronte á “xordeira autoritaria” do Goberno municipal

Xabier P. Igrexas: “Só responden á visión caprichosa do PSOE e do alcalde, como deixou patente o rexeitamento das 83 emendas parciais do BNG para mellorar as contas”

video
play-sharp-fill

O Bloque Nacionalista Galego chama a formular alegacións veciñais para mellorar un proxecto de orzamentos municipais de Vigo para o ano 2023 “elaborados sen participación, diálogo nin transparencia”. A fronte nacionalista vén de dirixirse a asociacións e entidades da cidade para animalas a presentar as súas demandas ante do 13 de decembro, fecha límite do período de exposición pública, fronte á “xordeira autoritaria” do Goberno municipal.

“O BNG queremos animar ao conxunto do tecido asociativo e da veciñanza de Vigo a presentar alegacións para corrixirmos entre todas e todos uns presupostos municipais que non atenden as necesidades reais das viguesas e dos vigueses”, valorou o concelleiro e candidato do BNG á alcaldía de Vigo, Xabier P. Igrexas, que lamentou que o proxecto presentado polo Goberno local non dea resposta ao agravamento da crise, cunha redución do 22% nas axudas sociais municipais, e afeou que insista na privatización dos servizos municipais e “abandono crónico” dos barrios e parroquias.


O candidato do BNG afeou que un ano máis os orzamentos municipais foran “elaborados nos despachos atendendo só á visión caprichosa do PSOE e do alcalde Abel Caballero”. Unha falla de participación que, a xuízo da fronte nacionalista, quedou patente co rexeitamento das 83 emendas parciais formuladas polo Bloque para mellorar o proxecto de contas. Nese sentido, Igrexas asegurou que as alegacións son unha “oportunidade” para os colectivos da cidade “facerse ouvir diante de quen non os quixo escoitar”

Deja una respuesta

Hide picture