Vigo, Galicia
Galicia Política Vigo

La Xunta reafirma su apoyo a los colectivos de personas sordas en la búsqueda de una “vida activa, saludable” y de la “igualdad de oportunidades”.

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo,  e o director xeral de Persoas con Discapacidade, participaron este luns na recepción aos participantes no encontro estatal de persoas maiores xordas, dentro do programa Imserso-CNSE, que este ano acolle Vigo como sede do evento.

A representante autonómica destacou as achegas do Goberno galego a través da Consellería de Política Social e da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda. “Desde a Xunta de Galicia sabedes que contades con todo o noso apoio para conseguir unha sociedade solidaria, integradora e próspera, aquela que procura garantir a igualdade de oportunidades de todos os seus integrantes”, destacou.

O acto de recepción celebrouse coa presenza dun centenar de persoas que durante os vindeiros cinco días percorrerán as Rías Baixas. “Nada mellor que unha boa viaxe para lograr unha vida activa saludable, especialmente despois da época da pandemia en que estivo restrinxida a mobilidade”, apuntou.

Vigo é a base do primeiro dos dous grupos, con cen persoas cada un, que conforman o encontro organizado no marco do programa de vacacións Imserso-CNSE. Durante esta semana realizarán excursións a Cíes, Combarro, Cambados, A Toxa, Ribeira Sacra, Baiona, A Guarda, e Ribadavia.

Deja una respuesta

Hide picture