Vigo, Galicia
Política Vigo

El BNG de Vigo interpela a Caballero en el Pleno por el “fiasco” del patrocinio del concierto de Guns N’ Roses

O concelleiro nacionalista cuestiona o anuncio realizado polo alcalde de celebrar un festival de rock con grupos da cidade durante esta fin de semana do que nada se sabe

Xabier P. Igrexas: “Cando vai deixar o Goberno municipal de castigar aos grupos locais e de tomarlle o pelo á cidade con anuncios que acaban sempre en promesas incumpridas?”

 O Bloque Nacionalista Galego esixe explicacións do alcalde de Vigo polo “fiasco” do patrocinio para o concertos de Guns N’ Roses e do anunciado festival de bandas locais esta fin de semana. O concelleiro e portavoz nacionalista, Xabier P. Igrexas, vén de interpelar Abel Caballero sobre estes asuntos durante o Pleno extraordinario celebrado este venres para a aprobación dunha modificación orzamentaria para eventos.

“Cando pensa dar explicacións a respecto da irregular licitación dese patrocinio publicitario de case 2 millóns de euros que fixo perigar a celebración do concerto de Guns N’ Roses este luns?”, cuestionou Igrexas na súa intervención, subliñando que malia ser un contrato “deseñado a medida” para a banda estadounidense o Concello decidiu declaralo deserto.

Referiuse tamén o portavoz do BNG ao festival de rock de grupos locais na Porta do Sol, anunciado polo rexedor no seu “particular Aló Caballero” [en referencia ao programa Vigo de Cerca] nas pasadas semanas. “Dixo que habería música en directo de bandas locais hoxe venres, o sábado, o domingo e mesmo non descartaba algún concerto en horario vermú o propio luns”, lembrou Igrexas.

Un festival de bandas locais que, finalmente, non terá lugar sen que o alcalde teña explicado os motivos. “Cando vai deixar de castigar aos grupos desta cidade?”, reprochou o concelleiro nacionalista, que cualificou de “tomadura de pelo” os continuos anuncios do Goberno municipal que “acaban sempre en promesas incumpridas”. 

Sobre ambas cuestións, nin Abel Caballero nin ningún outro representante do Goberno local deu resposta ás interpelacións do portavoz do BNG. 

Deja una respuesta

Hide picture