Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo califica de “broma pesada” que no haya representación vecinal en el Comité de navidad

A fronte nacionalista afea que só estea formado por membros do mesmo Goberno local que leva anos “ignorando deliberadamente” as queixas veciñais polo modelo das festas

Demanda que o Comité conte con participación dos colectivos veciñais afectados, dos comerciantes da cidade e de técnicos municipais das áreas de Seguridade e Transporte

Xabier P. Igrexas: “É necesario un Comité para corrixir o deseño caprichoso de nadal do alcalde, mais este anuncio demostra o total desprezo de Abel Caballero cara á veciñanza”

O Bloque Nacionalista Galego tacha de “broma pesada” o Comité de nadal anunciado polo Goberno municipal por non contar con representación da veciñanza. A fronte nacionalista afea que este Comité só estea formado por membros do mesmo Goberno local (sete edís e o alcalde) que leva anos “ignorando deliberadamente” as queixas veciñais que piden un cambio no modelo das festas.

“Este anuncio é claramente unha broma de moi mal gusto, que demostra máis unha vez o total desprezo do Goberno de Abel Caballero cara á veciñanza da nosa cidade”, criticou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas. No entanto, valorou necesario un Comité para rectificar o deseño “caprichoso” do nadal, mais con participación dos axentes sociais e dos técnicos do Concello e non só responsábeis políticos.

Igrexas propuxo así que o Comité de nadal conte con representación dos colectivos veciñais afectados da zona centro, que demandaron o pasado ano sen éxito reunirse con membros do Goberno local. Ademais, considerou “importante” a presenza de representantes do conxunto dos comerciantes da cidade, así como “imprescindíbel” a de técnicos municipais das áreas de Seguridade e Transporte.

“Para asegurar que este nadal non volva ser unha tortura para a veciñanza de Vigo, non se poña en risco a seguridade das persoas nin se provoque un caos circulatorio como o que padecemos o pasado ano”, afirmou o portavoz nacionalista, quen chamou a descentralizar esta celebración para levala ao conxunto dos barrios e parroquias evitando a “masificación” pola decisión de concentrar todo nunha pequena superficie do centro da cidade.

Deja una respuesta

Hide picture