Vigo, Galicia
General Vigo

El BNG de Vigo exige al PP que cese en su campaña contra lo naval y asegure el futuro de la actividad en el antiguo astillero Vulcano

  • Xabier P. Igrexas: “As declaracións de onte de Enrique López Veiga son infames e verifican que o único que pretendía o PP desde a Autoridade Portuaria era finiquitar o estaleiro para destinar a parcela a outros usos”. 
  • A fronte nacionalista manterá mañá, xoves, un encontro co Comité de Empresa do estaleiro para abordar a situación creada após a sentenza sobre a concesión portuaria e anunciar iniciativas políticas en favor da continuidade da actividade naval nas gradas de Teis. 

O Bloque Nacionalista Galego valorou a recente sentenza do Tribunal de Conflitos da Xurisdición sobre a concesión portuaria de Vulcano, expresando a súa «enorme preocupación» polos efectos que poida ter o fallo. A fronte nacionalista cualifica de “infames” as declaracións realizadas onte polo expresidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, e esixe ao PP vigués que se desmarque destas e poña fin á «campaña contra o sector naval” garantindo a continuidade da actividade no actual estaleiro San Enrique. 

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, denunciou que este fallo é o corolario dunha estratexia promovida polo Partido Popular desde a Autoridade Portuaria de Vigo contra o estaleiro Vulvcano. “É claro que tal e como denunciamos o Bloque desde o inicio o único que pretendía o PP era desaloxar un estaleiro centenario e fundamental para o futuro do sector naval de Vigo”, afirmou. 

Igrexas cargou con dureza contra as declaracións realizadas onte polo anterior presidente da Autoridade Portuaria, o popular Enrique López Veiga, que cualificou de «infames e ofensivas para a cidade». «Onte López Veiga recoñeceu de maneira descarnada que o único que pretendía con esta campaña contra Vulcano era finiquitar o estaleiro para destinar esa parcela a usos loxísticos», acrecentou.

Desde a fronte nacionalista esixen de maneira directa ao Partido Popular de Vigo que se desmarque da posición expresada por López Veiga e que se comprometa en garantir a continuidade da actividade de reparación e construción naval nas gradas de Teis. “O que lle pedimos ao PP de Vigo, e singularmente ao seu portavoz municipal, Alfonso Marnotes é que rexeiten e rompan co discurso de López Veiga, e que se comprometan en que en todo o que dependa da Autoridade Portuaria de Vigo non se vai poñer ningún atranco máis para  que no antigo Vulcano se continúen construíndo e reparando barcos», demandou Igrexas.

Xuntanza co Comité de Empresa 

O BNG manterá mañá, xoves, unha xuntanza co Comité de Empresa do estaleiro para abordar a situación creada tras a sentenza e presentar as iniciativas políticas que promoverán en defensa da súa continuidade. No encontro, participarán o portavoz municipal do Bloque, Xabier P. Igrexas, e mais a deputada no Parlamento galego, Carmela González. 

Deja una respuesta