Vigo, Galicia
General Vigo

El BNG de Vigo denuncia la opacidad y falta de participación en la elaboración de proyectos del Ayuntamiento para acudir a los fondos de recuperación

  • Propoñen que se poña en marcha un grupo de traballo con todas as forzas políticas da Corporación para poñer en común ideas e propostas.
  • Xabier P. Igrexas: “Non podemos enterrar estes recursos só en gasto inaugurábel en ascensores e escaleiras mecánicas, que son até o momento os únicos proxectos que anunciou Abel Caballero»

O Bloque Nacionalista Galego denuncia a «total opacidade e falla de participación» por parte do Goberno municipal no proceso de elaboración de proxectos cos que o Concello de Vigo poida optar a financiamento extraordinario a través dos fondos de recuperación fronte aos efectos da crise da Covid19. A fronte nacionalista volve demandar a constitución dun grupo de traballo, con todas as forzas políticas da Corporación municipal, para poñer en común ideas e propostas que permitan aproveitar estes recursos para atender as necesidades reais da cidade.

O concelleiro do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, lembrou que xa foron varias as interpelacións realizadas ao Goberno de Abel Caballero, tanto en Comisión Informativa de Orzamentos e Facenda ou no propio Pleno, para coñecer en que proxectos está a traballar o executivo local sen teren obtido resposta ningunha. Igrexas subliñou que o acceso a financiamento extraordinario debe orientarse prioritariamente a atender os efectos da crise derivada da pandemia. «A cidade atravesa unha situación de emerxencia, con graves problemas no ámbito social, laboral e produtivo, que precisan despregar políticas concretas para enfrontalos», explicou.

Desde o Bloque defenden ademais que os recursos económicos do Concello, sumando aos orzamentos ordinarios a mobilización de remanentes e superávit ademais dos fondos de recuperación, deben orientarse tamén a poñer en marcha proxectos «estruturantes» que permitan avanzar na «transformación da cidade a medio e longo prazo».

Neste sentido, o portavoz municipal nacionalista chamou a «non enterrar estes recursos só en gasto inaugurábel en ascensores e escaleiras mecánicas, que son até o momento os únicos proxectos que anunciou Abel Caballero». En troca, Igrexas, avoga por despregar «proxectos de calado que permitan dar un novo impulso á cidade, que transformen en positivo Vigo», afrontando reptos como a mellor atención dos barrios e parroquias, a mobilidade ou a política cultural.

Grupo de traballo

A fronte nacionalista volveu reiterar a súa proposta de que se constitúa un grupo de traballo, que conte coa participación de todas as forzas políticas con representación municipal, que permita poñer en común ideas e propostas. «O BNG mantemos a nosa man tendida, a nosa disposición a sumar en positivo, de aportar propostas construtivas, para aproveitar a oportunidade histórica que supón que o Concello dispoña dunha importantísima cantidade de recursos. Por iso que dicimos é que esta decisión non pode ter en conta só a opinión de Abel Caballero», recalcan.

Deja una respuesta

Hide picture