Vigo, Galicia
General Vigo

El BNG critica que Marta Fernández-Tapias Delegada de la Xunta en Vigo no haya hecho nada para atajar la crisis industrial y blindar el futuro del naval en la ciudad

  • A fronte nacionalista repróchalle a Marta Fernández-Tapias que utilice o cargo para axir como “comisaria de propaganda de Feixóo» e como plataforma na pugna interna polo liderado do PP vigués. 
  • Xabier P. Igrexas: “En seis meses que leva como Delegada da Xunta en Vigo, Fernández-Tapias inda non foi capaz de pronunciar as palabras ‘sector naval’ nin de actuar fronte a situación crítica de Vulcano e Barreras”. 

O Bloque Nacionalista Galego vén de criticar a inacción da Delegada da Xunta de Galiza en Vigo, Marta Fernández-Tapias, perante a grave crise industrial que atravesa a cidade olívica e a súa comarca. A fronte nacionalista chama a Delegada a exercer as súas funcións e a deixar de axir como «comisaria de propaganda de Feixóo» así como de utilizar o cargo como plataforma para postularse ao liderado do PP vigués. 

O concelleiro do BNG en Vigo, Xabier P. Igrexas, alertou da situación de “emerxencia laboral e produtiva” que atravesa a cidade e que se manifesta nunha “grave crise industrial e no momento crítico dun sector estratéxico como é o sector naval».  

Igrexas referiu que na cidade, segundo datos da última EPA dispoñíbel, hai hoxe 5400 empregos industriais menos que en 2009. Neste contexto, expresou “enorme preocupación» pola evolución do sector da construción e a reparación naval. «Ao punto límite no que esta o antigo Vulcano, agora estaleiros ‘San Enrique’, por causa da brutal ofensiva do PP desde a Autoridade Portuaria de Vigo para inviabilizar a recuperación da actividade nas gradas deste estaleiro centenario, engádese agora xa non incertezas senón a ameaza real sobre o futuro de Barreras», explicou. 

“O Bloque Nacionalista Galego preguntámonos se a Delegada da Xunta, a señora Fernández-Tapias ten pensado dicir ou facer algo fronte a grave crise industrial de Vigo”, interpelou o portavoz municipal nacionalista. Desde o Bloque afean que no algo máis de medio ano que leva no cargo a Delegada non teña despregado ningunha actuación perante esta cuestión «fundamental» para o futuro da cidade e da súa área. “En seis meses que leva como Delegada da Xunta en Vigo, Fernández-Tapias inda non foi capaz de pronunciar as palabras ‘sector naval’ nin de actuar fronte a situación crítica de Vulcano e Barreras”, enfatiza Igrexas. 

Utilización do cargo 

A fronte nacionalista critica tamén a utilización «partidista” que se está a facer, na súa opinión, da máxima representación do Goberno galego na cidade. “Cando Feixóo nomeou a Fernández-Tapias como nova Delegada da Xunta, xa sabiamos que como fixeron as persoas que a precederon, do que ía exercer era de comisaria de propaganda do PP para tentar ocultar ou disimular a política de total abandono que o executivo galego practica contra a principal cidade do noso País», explica Igrexas.  

Aliás, o edil nacionalista, afea que Fernández-Tapias estea a utilizar o seu cargo como plataforma persoal na “loita intestina” polo liderado do PP de Vigo. 

“O que lle pedimos desde o BNG é que exerza como Delegada da Xunta e que empurre solucións para enfrontar a crise industrial da cidade e blindar o futuro do naval, un sector que chegou a representar 10 mil empregos directos e indirectos e que hoxe está nun momento crítico”, remacha. 

Deja una respuesta

Hide picture