Vigo, Galicia
Vigo

El BNG de Vigo critica la presencia institucional y las subvenciones públicas para las procesiones religiosas

  • A fronte nacionalista respeita á liberdade de crenza mais tamén esixe que se respeite o carácter aconfesional das institucións públicas

Xabier P. Igrexas: “A separación Igrexa-Estado é un imperativo democrático, temos que deixar atrás imaxes anacrónicas que nos levan a tempos moi escuros”

O Bloque Nacionalista Galego volveu expresar a súa crítica pola presenza de representantes institucionais nos actos relixiosos desta “Semana Santa” na cidade de Vigo así como a subvención con recursos públicos das procesións.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, defende que “en pleno século XXI, nun Estado formalmente aconfesional, non há xustificación para que a Delegada da Xunta, a Vicepresidenta 2ª da Deputación, o portavoz do Goberno municipal de Vigo e concelleiros/as de PP e PSOE, xunto a autoridades policiais e militares participen como representantes de institucións públicas en actos relixiosos”.

Para Igrexas “a separación Igrexa-Estado é un imperativo democrático”, polo que expresou que “desde o respeito á pluralidade de crenzas relixiosas, cómpre tamén que as institucións respeiten a quen non as temos e deixar atrás estas imaxes anacrónicas que nos devolven a tempos escuros”.

Diñeiro público

Desde a fronte nacionalista cuestionan tamén que se siga a financiar con recursos públicos actos relixiosos como as procesións, que este ano recibiron 37 mil euros de subvención do Concello de Vigo.

O BNG demandou na última Comisión Informativa de Orzamentos e Facenda que se informe, de maneira detallada, de todas transferencias económicas realizadas polo Concello de Vigo en favor da Igrexa Católica (diócese Tui-Vigo e/ou entidades dependentes), en forma de subvencións ou outro tipo de fórmulas, desde 17 de xuño de 2023, data na que se constituíu a actual Corporación municipal.

“Sabemos que entre subvencións, convenios ad hoc e outras axudas, estanse destinando decenas de millares de euros do Concello en favor da Igrexa Católica que por non pagar non paga nin o IBI das súas propiedades na cidade e cremos importante a máxima transparencia”, explica Igrexas.

Deja una respuesta