Vigo, Galicia
Vigo

El BNG critica el nombramiento de Ana Ortiz al frente del PP de Vigo por insistir en la confusión entre Xunta y partido

  • A fronte nacionalista cuestiona que se volva utilizar a máxima representación do Goberno galego na cidade como plataforma ao servizo dos intereses do Partido Popular

Xabier P. Igrexas: “Volven deixar claro que o Partido Popular non ten máis proxecto para a nosa cidade que o de ser a franquía ou terminal dunha Xunta que leva 15 anos castigando con maltrato e abandono a Vigo”

O Bloque Nacionalista Galego vén de criticar o recente nomeamento da actual Delegada Territorial da Xunta de Galiza en Vigo, Ana Ortiz, como presidenta da xestora do PP local tras o abandono de Marta Fernández Tapias.

O portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas, expresou o “respeito que sempre mantemos cara as decisións internas doutras formacións políticas” e sen querer entrar na grave crise que vive o Partido Popular en Vigo lamentou que “o PP volva incorrer na confusión entre o seu partido e as institucións públicas”. “O Partido Popular insiste na mesma fórmula que xa empregou no seu momento con Corina Porro, utilizando a máxima representación do Goberno galego na maior cidade do noso País como plataforma ao servizo dos intereses do seu partido”, acrecentou.

Igrexas cuestionou esa utilización partidista afirmando que “os altos cargos da Xunta non poden utilizarse como salarios para a estrutura interna do PP de Vigo nin para financiar as labores de comisariado político”

Sen proxecto para Vigo

Para o portavoz municipal nacionalista “esta decisión volve deixar claro que o Partido Popular non ten máis proxecto para a nosa cidade que o de ser a franquía ou terminal dunha Xunta que leva 15 anos castigando con maltrato e abandono a Vigo”. “O que defende o PP de Vigo é unha Xunta que esquece que as 300 mil viguesas e vigueses somos, tamén, 300 mil galegas e galegos”, remachou.

Deja una respuesta