Vigo, Galicia
Galicia Vigo

La Xunta habilitará desde el lunes un autobús de refuerzo a primera hora de la mañana entre Bueu y la Universidad de Vigo para atender el incremento de la demanda

― Esta solución dará resposta ao aumento de usuarios rexistrado nesta liña coincidindo co inicio do curso escolar

― Este reforzo sumarase a outro servizo adicional que está operativo desde o xoves na liña Bueu-Cangas-Moaña-Meixoeiro-

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade habilitará desde este luns un autobús de reforzo a primeira hora da mañá entre Bueu e a Universidade de Vigo co fin de atender o incremento da demanda de usuarios rexistrada nesta liña coincidindo co inicio do curso escolar.

Tras identificar un incremento da demanda na liña Bueu-Cangas-Moaña-Meixoeiro-Cuvi-Álvaro Cunqueiro, derivado da apertura do ano académico, a Xunta xa encargou á concesionaria a activación dun vehículo de reforzo, que está activo desde o pasado xoves.

A este autobús, cunha capacidade de 64 prazas, sumarase outro servizo adicional desde este luns.

Esta solución, coa que se dará resposta ao aumento de usuarios, aplicarase na primeira expedición da liña, en días laborables, con saída ás 07,10 horas de Bueu, paso previsto polo CUVI ás 08,30 horas e chegada ao Hospital Álvaro Cunqueiro ás 08,40 horas.

Co inicio do ano académico estase a rexistrar un incremento da demanda en determinados servizos de transporte público interurbano.

En consecuencia, e para atender axeitadamente as necesidades dos usuarios do transporte público autonómico, a Xunta segue a realizar un seguimento continuo do seu funcionamento co fin de dar resposta ás necesidades de mobilidade da cidadanía do xeito máis eficiente.

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade está a manter un diálogo constante coas concesionarias para acadar solucións eficaces, como a activación de vehículos adicionais ou o emprego de vehículos de maior capacidade.

Deja una respuesta