Vigo, Galicia
Vigo

El Ayuntamiento de Vigo alerta de correos falsos que suplantan a la Policía Local

O Concello de Vigo advirte á cidadanía dacirculación de correos electrónicos fraudulentos nos que se suplanta aidentidade da Policía Local co obxectivo de enganar ás persoas destinatarias. Ante esta situación, o Goberno municipal recomendaextremar as precaucións e evitar acceder a ligazóns sospeitosas ou facilitar
datos persoais a través destas comunicacións.
O Concello lembra que as notificacións oficiais se realizan a través dascanles habilitadas pola administración municipal e que os avisos enviados
por correo electrónico ou SMS teñen un carácter exclusivamente informativo.
As comunicacións oficiais do Concello de Vigo e da Xerencia Municipal deUrbanismo informan da existencia dunha nova notificación, identifican o NIF ou CIF da persoa destinataria e inclúen o correspondente número de saída.
En ningún caso se remite directamente o contido da notificación por correo electrónico.
A cidadanía pode consultar as súas notificacións accedendo á sede electrónica municipal a través do enderezo oficial https://sede.vigo.org/notificacions, que se recomenda introducir directamente no navegador para evitar posibles fraudes.
Ademais, o Concello recorda que as persoas que non estean obrigadas a relacionarse electronicamente coa administración e non teñan activado o
servizo de notificacións electrónicas recibirán as comunicacións que correspondan por correo postal.
O goberno municipal pide á cidadanía que desconfíe das mensaxes que aparenten proceder da Policía Local ou doutros servizos municipais cando
conteñan ligazóns sospeitosas, solicitudes de información persoal ou peticións de pagamentos non verificadas.
En caso de recibir un correo electrónico destas características, recoméndase non abrir as ligazóns nin descargar arquivos adxuntos, non facilitar datos
persoais ou bancarios e comprobar a autenticidade da comunicación a través das canles oficiais do Concello.

Deja una respuesta