Vigo, Galicia
Política

Comesaña: “Vamos a bajar impuestos porque el Gobierno de Sánchez tiene asfixiada a la gente, a la que le cuesta mucho ir al súper, echar gasolina o pagar la factura de la luz”

● O número 1 do PP ao Congreso anuncia a baixada do IRPF e do IVE dos produtos básicos e da electricidade “para que o esencial deixe de
ser un luxo” e as familias recuperen capacidade económica e poder adquisitivo
● Comesaña lamenta que os soldos se evaporen “nunha inflación disparada e nuns impostos abusivos” e revela que a situación éespecialmente grave en Pontevedra, onde a recadación fiscal medrou o dobre que en España

O cabeza de lista do PP ao Congreso dosDeputados pola provincia de Pontevedra, Julio García Comesaña, explicou hoxeas medidas fiscais propostas por Alberto Núñez Feijóo para a próxima lexislatura eanunciou que se basearán nunha baixada xeralizada de impostos co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos cidadáns devolvéndolle parte do seu diñeiro aos
seus petos.

“Imos baixar impostos porque o Goberno de Sánchez leva máis de oito anos asfixiando á xente, á que lle custa moito facer as cousas máis básicas, como ir ao
súper, botar gasolina ou pagar a factura da luz. Neste tempo aprobou máis dun cento de distintas subas fiscais e a situación é irrespirable”, manifestou o número 1
dos populares, que lamentou que aos españois lles sexa cada día máis difícil afrontar o seu día a día ou acometer outras cuestións fundamentais para o seu
proxecto vital, como mercar un vehículo ou acceder a unha vivenda.

Así, Julio García Comesaña anunciou o compromiso do PP de acometer unha baixada do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF), especialmente no
caso das familias con fillos, e tamén do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE) dosprodutos básicos e da electricidade “para que o esencial deixe de ser un luxo” e as
familias recuperen capacidade económica e poder adquisitivo.

O candidato popular criticou que os salarios dos cidadáns se evaporen “nunha inflación disparada e nuns impostos abusivos” e considerou que a xente debe
dispoñer de máis diñeiro nos seus petos para facer fronte ao actual contexto, ao tempo que se incrementa a calidade e eficiencia dos servizos públicos e dos
investimentos a base de xestión e contención dos gastos superfluos, “que é algoque Alberto Núñez Feijóo xa demostrou sobradamente nos seus 13 anos de
goberno en Galicia”.

“Pedro Sánchez está esquilmando especialmente á provincia de Pontevedra, ondea recadación fiscal medrou case o dobre que no resto de España durante o
primeiro semestre do ano, pero iso desde logo non se nota no que recibimos os950.000 pontevedreses, porque temos deficiencias evidentes en infraestruturas,
seguridade ou dependencia, por só citar algún exemplos, xa que a voracidadefiscal do PSOE nunca retorna á nosa provincia”, manifestou o político vigués.

Deja una respuesta

Hide picture