Vigo, Galicia
Galicia

Ecologistas en Acción despliega pancarta delante de la sede del Celta denunciando la insensatez ambiental del proyecto GS360

  • Ecoloxistas en Acción desprega unha pancarta en Vigo, diante da sede do Celta, buscando sensibilizar sobre o valor do terreo forestal e as consecuencias negativas do proxecto do Celta nos montes de Mos.
  • Coa mensaxe“Construirías un estadio de fútbol nas illas Cíes? Ecoloxistas en Acción quere poñer en valor a superficie afectada por esta iniciativa privada, un terreo rústico de especial protección, un ecosistema de grande interese patrimonial, que ademais proporciona auga e biomasa a miles de veciños e veciñas de Mos

Ecoloxistas en Acción despliega pancarta diante da sede do Celta buscando sensibilizar sobre o valor do terreo forestal e as consecuencias negativas do proxecto do Celta nos montes de Mos. Coa mensaxe  “Construirías un estadio de fútbol nas illas Cíes? Ecoloxistas en Acción quere poñer en valor a superficie afectada por esta iniciativa privada, un terreo rústico de especial protección, un ecosistema de grande interese patrimonial, que ademais proporciona auga e biomasa a miles de veciños e veciñas de Mos. Un monte comunal que actúa como un auténtico pulmón verde para a área de Vigo e espazo de esparexemento moi valorado e utilizado pola cidadanía. 

Alertan que o proxecto GS360 suporía a perda dunha ampla masa forestal de uso público, afecta directamente a 300.000 M2 de monte comunal, en beneficio exclusivo dunha entidade privada, que construiría “infraestruturas duplicadas e innecesarias”: outro estadio, máis espazos comerciais, un hotel, novos edifícios e estradas…

Para Ecoloxistas en Acción existe un risco real dunha enorme perda social, ambiental e incluso económica, a que conlevaría devastar estes montes, que agochan uns acuíferos que abastecen de auga a máis de 5.000 persoas en Mos. Estes acuíferos desaparecerían de construírse o GS360. 

Para frear a desvastación de montes como o de Tameiga, Ecoloxistas en Acción pon en marcha o movemento “Salvamontes”. Unha iniciativa que busca concienciar á cidadanía sobre o valor da superficie forestal e a necesidade de preservala, cunha punta de lanza: deter o proxecto GS360. 

Así, o “Salvamontes”, unha plataforma aberta a persoas e asociacións, fai un chamamento a mobilizarse contra un GS360 que a Xunta de Galicia está a apoiar, tramitando a súa declaración como proxecto de interese autonómico, o que na práctica abriría a porta á expropiación do terreo, coma se se tratase dunha actuación pública coma unha autoestrada ou hospital. 

Deja una respuesta