Vigo, Galicia
General Vigo

El BNG de Vigo reclama que el Gobierno municipal intervenga en el conflicto laboral en Vitrasa y deje de esconderse

  • A fronte nacionalista chama a convocar de forma inmediata unha xuntaza entre o comité e a dirección da concesionaria de bus urbano para abordar unha saída acordada da folga.
  • Xabier P. Igrexas: “O goberno de Caballero ten que dicir basta diante dos numerosos incumprimentos que consentiu a Vitrasa e deixar de virar as costas ao persoal do servizo de bus urbano”

O Bloque Nacionalista Galego vén de reclamar este luns que o Goberno municipal de Vigo deixe de esconderse e interveña para solucionar o conflito laboral en Vitrasa. A fronte nacionalista critica a complicidade do goberno de Abel Caballero coa empresa e solicita a convocatoria dunha reunión entre a representación sindical e a dirección da concesionaria de bus urbano.

“É momento de pasar á acción: esiximos de maneira expresa que ben a Alcaldía ou o concelleiro de Contratación, Javier Pardo, procedan de inmediato a convocar unha xuntaza para abordar unha saída acordada da folga que, en opinión do BNG, só pode pasar por atender as xustas e razoábeis reivindicacións do persoal”, valorou o portavoz municipal do BNG de Vigo, Xabier P. Igrexas.

O concelleiro nacionalista denunciou a “complicidade” do Goberno municipal coa dirección da empresa concesionaria mentres decide “virar as costas ao persoal e aos intereses xerais” da cidade. Cualificou como “inaceptábel e intolerábel” que a única resposta de Abel Caballero sexa “esconderse covardemente para evitar dialogar co persoal”.Así, o BNG instou ao goberno de Vigo a poñer fin aos “numerosos incumprimentos que até o momento consentiu a Vitrasa” e urxiu a “resolver un conflito que ameaza con se tornar agora en folga indefinida”.

Igrexas demandou que se respecte o dereito do persoal, entre outras cuestións, a facer as pausas marcadas durante a xornada. “Non só en beneficio da súa saúde laboral, tamén do propio funcionamento e seguridade do servizo de bus urbano”, apuntou. 

Deja una respuesta