O candidato do PP lamenta a excesiva presión fiscal do Goberno de Sánchez sobre os traballadores por conta propia
● Sinala que dita medida figura no Plan Integral de Autónomos de Feijóo para viabilizar a súa actividade, aliviar o “inferno fiscal” destes oito anos
e fomentar o emprendemento, ao tempo que critica a nula sensibilidadedo PSOE “cun sector fundamental da economía”
● O número 1 da lista popular lembra que existe unha directiva europeadesde 2020 para suprimir este imposto nestas condicións de xeitoopcional e critica ao Executivo central por non implantala malia aaprobación dunha PNL no Congreso o pasado mes de marzo
O cabeza de lista do PP ao Congreso dosDeputados pola provincia de Pontevedra, Julio García Comesaña, anunciou hoxeque un futuro Goberno de Alberto Núñez Feijóo eximirá do Imposto do Valor Engadido (IVE), tanto do pago como da repercusión, a todos os autónomos que
facturen menos de 85.000 euros anuais, unha medida que beneficiará a uns 8.300
profesionais de Vigo e da súa área metropolitana.
O candidato popular lamentou a excesiva presión fiscal do executivo de Pedro Sánchez en xeral, con máis dun cento de subas de impostos nestes oito anos, e
que afecta especialmente aos traballadores por conta propia, dos que dixo que son “fundamentais” para a economía real e a xeración de riqueza e de emprego, polo
que adiantou que o PP tentará viabilizar a súa actividade co Plan Integral de Autónomos presentado por Alberto Núñez Feijóo.
Comesaña explicou que as propostas do PP para este sector económico céntranseen aliviarlle o “inferno fiscal” dos gobernos de Sánchez, ao que lle afeou a súa nula
sensibilidade cun colectivo estrátexico, e en favorecer o fomento doemprendemento. Ademais, recalcou que a principal medida deste plan de autónomos, centrada na exención do IVE para os que non alcancen os 85.000 euros de facturación, “baséase nunha directiva europea do ano 2020, que era de
implantación opcional para os países membros, e que loxicamente o PSOE desbotou pola súa voracidade recadatoria, malia que é unha demanda destes
profesionais e que o Congreso aprobou unha Proposición Non de Lei (PNL) en marzo de 2026 para a súa posta en marcha e que incomprensiblemente segue sen
estar en vigor”.
O número 1 da lista do PP pontevedrés apostillou que esta proposta de exencióndo IVE será “de gran axuda” en termos económicos e burocráticos para os 19.000
autónomos da provincia de Pontevedra con menor facturación, o que supónaproximadamente o 25% dun colectivo profesional conformado por 72.429 persoas. Neste senso, detallou que Vigo e a súa área metropolitana serán os grandes beneficiados polo seu elevado volume de autónomos, xa que cumpren o
requisito para quedar liberados do IVE uns 8.300 dos 14 municipios deste territorio, dos que case 4.900 pertencen á cidade olívica. Ademais, noutras comarcas do sur
da provincia, como O Baixo Miño, O Condado e A Paradanta a cifra de beneficiarios sumaría 1.850 autónomos máis.
“Agardamos que, en menos de catro semanas, se plasme o cambio urxente que precisa o noso país e que, deste xeito, posiblemente a partires do próximo ano
2027, a clase traballadora, e loxicamente entre eles os autónomos, deixen de sufrir o asalto aos seus petos por un goberno socialista que non ten medida e que, como
tampouco ten capacidade de xestión, empeora cada día os servizos públicos malia asfixiarnos cunha recadación récord”, concluiu Comesaña, que está a ter contactos
diarios coa veciñanza viguesa, tanto na carpa informativa emprazada a diario na Farola de Urzáiz como cos distintos colectivos, onte en Lavadores e hoxe cos de
Castrelos e Sárdoma.
