Vigo, Galicia
Uncategorized

Luisa Sánchez PPdeVigo acusa a Caballero de vivir “lejos de la realidad social” tras lo veto del PSOE a aumentar la partida destinada la vivienda en el presupuesto de 2027

· O PP de Vigo propoñía incrementar a dotación en 4,2 millóns para “apostar dun xeito claro e decidido” neste ámbito, con máis recursos para compra de solo e vivendas e para aumentar as contías dos programas

· A presidenta local do PP anuncia que formulará un voto particular no pleno do vindeiro luns para que o grupo socialista “se retrate” de novo votando en contra dunhas emendas que melloraban as contas

10 de novembro de 2026. A presidenta do Partido Popular de Vigo, Luisa Sánchez, anuncia que o seu grupo formulará un voto particular no pleno de aprobación inicial dos orzamentos municipais do 2027, o vindeiro luns. “É unha decisión que adoptamos trala negativa do goberno de Caballero a aceptar ningunha das emendas que presentamos para corrixir unhas contas que están moi lonxe da realidade social da cidade”, aseverou. Entre esas emendas, lembrou, están 4,2 millóns de euros para reforzar a política municipal en vivenda.

A emenda á totalidade presentada polo grupo popular estaba acompañada dunha proposta de redistribución de 8,4 millóns de euros para reforzar partidas en vivenda, especialmente, pero tamén en política social, infraestruturas e para os barrios e parroquias. Sen embargo, o PSOE rexeitou “de xeito unánime e sectario” todas elas “sen facer o máis mínimo esforzo por negocialas”, lamentou. “Está claro que o alcalde prefire manter uns orzamentos que son un copia e pega de exercicios anteriores antes que darnos a razón”, aseverou a líder local do PP.

Entre as medidas presentadas, o grupo popular facía fincapé no principal problema polo que atravesan os vigueses, que é o acceso á vivenda. En concreto, incrementar a dotación en 4,2 millóns de euros para “apostar dun xeito claro e decidido” neste ámbito, con máis recursos para compra de solo e vivendas e para aumentar as contías dos programas municipais.

“Non pedimos aumentar os impostos, nin endebedar ao Concello, nin gastar máis cartos. Tan só propuxemos gastar doutro xeito os recursos”, aseverou Luisa Sánchez, que lembrou que o seu grupo volverá a pedir, no primeiro trimestre de

2027, que se destinen 60 millóns de euros para que a administración local “afronte dunha vez un grave problema ante o que tan só está actuando a Xunta”.

Ademais dos 4,2 millóns para vivenda, “tampouco se aceptaron” 2,8 millóns para inversións urxentes en barrios e parroquias, 500.000 para instalacións deportivas e preto dun millón de euros para cubrición de patios escolares e reforzar as políticas sociais. As iniciativas presentadas polo PP, aclarou, sairían de partidas destinadas agora a celebracións, publicidade, protocolo ou asesoramento, entre outras. “Vigo non precisa un orzamento intocable, senón un que responda aos seus problemas”, insistiu a portavoz popular.

“A través do voto particular, imos forzar ao goberno local a pórse de novo fronte as nosas reclamacións e a que se retrate diante dos vigueses co seu voto en contra. Fronte a unhas contas que son un refrito do pasado, dende o PP defendemos uns orzamentos comprometidos co Vigo que está por vir”, concluíu.

Deja una respuesta

Hide picture