Vigo, Galicia
Vigo

Cita en el Hospital Álvaro Cunqueiro el 27 de marzo para futuras y futuros residentes

  • A 6ª Xornada de Portas Abertas para futuras e futuros residentes terá lugar o 27 de marzo próximo
  • Aio longo da mañá, as e os próximos residentes, tanto de medicina como de enfermaría, poderán recibir información sobre a actividade asistencial, docente e de investigación que se realiza nos centros da sanidade pública da área viguesa

Como vén sendo habitual nos últimos anos, a comisión de Docencia da Área Sanitaria de Vigo organiza unha Xornada de Portas Abertas o mércores próximo, 27 de marzo, para que futuras e futuros residentes que desexen desenvolver a súa actividade en centros desta Área Sanitaria obteñan unha maior información previa a súa elección de praza e resolver calquera dúbida que puideran ter ao respecto.

Nesta actividade formativa, amósaselles ás e aos futuros residentes as actividades máis destacadas, os programas formativos, a supervisión e titorización nas diferentes unidades, así como a súa práctica clínica habitual.

Información e visita guiada

A xornada será en horario de mañá, comezando ás 9.00 horas coa inscrición e declaración de preferencias das persoas asistentes para, inmediatamente, ofrecerlles unha visión xeral no que respecta á Área Sanitaria de Vigo, en que consistiría a súa formación e, no caso de desexar facer a súa tese doutoral ou dedicarse tamén á investigación, coñecer os pasos que se deben dar.

Unha serie de charlas informativas adecuadas a cada perfil serán seguidas de visitas guiadas polo Hospital Álvaro Cunqueiro.

A última das actividades remata ás 14.30 h.

Deja una respuesta