Vigo, Galicia
General Portada

A XUNTA INFORMA AO CONCELLO DE VIGO QUE AS MASCARILLAS ENVIADAS CUMPREN ESTRITAMENTE CO PROCEDEMENTO ESTABLECIDO DENDE O MINISTERIO DE SANIDADE

A Xunta informa ao concello de Vigo que as mascarillas que lle foron enviadas cumpren estritamente co procedemento do Ministerio de Sanidade con respecto ao seu uso. As mascarillas entregadas foron inspeccionadas e están en perfectas condicións para poder ser usadas.

Segundo recolle o procedemento do Ministerio de Sanidade estas mascarillas están homologadas e operativas para previr o contaxio por COVID19. Polo tanto, o Goberno galego insta ao concello, nestes momentos, lealdade e respeto institucional xa que o material entregado cumpre estritamente tal e como establece o procedemento establecido dende o Ministerio de Sanidade.

Concretamente, no documento «Procedemento de actuación para os servizos de prevención de riscos laborais fronte á exposición ao SARS-COV-2», versión de 30 de marzo de 2020, coordinado pola Subdirección xeral de Sanidade Ambiental e Saúde Laboral. da Dirección xeral de Saude Pública, Calidade e Innovación do Ministerio de Sanidade, e no que colaboran distintos organismos, se indica a posibilidade de utilizar material fóra da vida útil recomendada polo fabricante, se ben tras unha inspección visual, como así se fixo.

O goberno galego entregou ao concello de Vigo máis de 45.700 unidades de material de protección na cidade de Vigo. En total, foron 15.492 mascarillas, 30.000 guantes e 246 traxes. O Goberno xa repartiu material de protección ao 100 % dos concellos galegos priorizando ao inicio aos concellos pequenos e medianos e nesta semana ampliando a entrega ás 7 grandes cidades.

A día de hoxe, o material xa chegou aos 313 concellos galegos. En concreto, achegáronse máis de 488.000 luvas, unhas 232.000 máscaras, máis de 2.700 botes de xel hidroalcohólico, un 12.200 traxes antisalpicaduras, 16.000 batas, 121 garrafas de desinfectante, e máis de 2.100 unidades de lixivia.

Deja una respuesta