Vigo, Galicia
General Portada

A.V. DE TEIS, DENUNCIA UN NOVO VERTIDO NA DEPURADORA DE TEIS ESTA MAÑANA

 Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar que a primeira hora deste domingo produciuse un novo vertido   na EDAR de Teis, como se pode comprobar no vídeo gravado por un veciño  desde a súa embarcación.

Este tipo de vertidos son frecuentes desde hai anos e denunciáronse por parte da veciñanza reiteradamente.

O anterior vertido do que teñamos constancia produciuse o pasado 10 de outubro. Daquela, dirixímonos por escrito a Concellaría de Fomento e Servizos do Concello, solicitando que se tomaran as medidas necesarias para que non se produzan máis vertidos a ría de augas sen depurar e  que se garanta un bo funcionamento desta planta depuradora. Como é habitual desde o Concello, non tivemos ningunha resposta  e os vertidos seguen producíndose.

Non é normal que se produzan vertidos a ría de xeito continuado desde unha depuradora, co dano que isto provoca ao medio ambiente. Polo que esiximos do Concello e da empresa concesionaria Aqualia, que se tomen medidas para evitar novos vertidos 

Sin tu00edtulo

Deja una respuesta