Vigo, Galicia
General Portada

A.V. DE TEIS, DENUNCIA O ABANDONO DO PASEO DO BORDE MARÍTIMO DA GUÍA.

A Asociación Veciñal de Teis, quer denunciar a falta de mantemento do paseo do borde do litoral da Guía. Este paseo realizouno o Ministerio de Medio Ambiente en 2010 e desde aquela encargase do seu mantemento o Concello de Vigo.

Este paseo que era unha vella reivindicación veciñal, que conseguimos logo de moita anos de presión veciñal, percorre desde o campo de fútbol até a praia da Lagoa.

Hai quince días presentamos un escrito no Concello de Vigo, denunciando a falta mantemento e o abandono deste espazo ( non se roza a vexetación, non se coida dos espazos verdes, a iluminación do paseo non funciona, etc ) polo de agora sen resposta.

A vexetación tamén invade a baixada a praia do Cabrón e a varanda de madeira esta deteriorada. Ao longo deste anos non é a primeira vez que denunciamos a falta de mantemento deste paseo.

Non se corta a vexetación desde hai meses, as silveiras nalgún tramo xa ocupan o paseo, os espazos verdes carecen de mantemento. Os coches ocupan unha das zonas verdes.

É necesario a reposición dun pivote que impida o paso de vehículos polo vía de servizo, pois este paseo é peonil.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, consideramos escandaloso a falta de mantemento por parte do Concello de Vigo, deste paseo.

A falta de mantemento das zonas verdes en Teis.

Desde o mes de xuño esta Asociación, denunciou en varias ocasións a falta de mantemento de zonas verdes en Teis, como é o parque da Guía, o paseo marítimo da ETEA, a praia da Punta e agora temos sumar o paseo do borde marítimo da Guía. Esta situación require unha actuación urxente do goberno municipal para garantir o mantemento das zonas verdes en Teis.

IMG 20200725 WA0030

Deja una respuesta