Vigo, Galicia
Política Vigo

Vitrasa lamenta que el Comité de Empresa permanezca en una actitud inflexible y perjudicial para los ciudadanos

A dirección de Vitrasa lamenta que o Comité de Empresa permaneza nunha actitude inflexible e prexudicial para os cidadáns coa ameaza de folga indefinida tras 4 meses de paros continuados que afastan, aínda máis, a posibilidade de que a compañía alcance unha recuperación tras tres anos consecutivos de perda de viaxeiros derivada da Covid-19.

Nos máis de 50 anos que Vitrasa leva dando servizo á cidade, demostrou o seu compromiso co persoal ofrecendo condicións salariais e laborais que superan amplamente ás do convenio colectivo de Transporte Público de Viaxeiros por Estrada de Pontevedra. O convenio colectivo de Vitrasa é o máis alto do sector en toda Galicia, o que se traduce en que os condutores e condutoras de Vitrasa perciben un salario un 37% máis alto que calquera outro traballador do sector da provincia de Pontevedra. A diferencia salarial entre un traballador de Vitrasa e un traballador doutra compañía sitúase, como mínimo, en 10.000€ anuais, sen ter en conta a antigüidade, as horas de traballo anuais (as estipuladas en Vitrasa son menos que as do convenio provincial do sector), ademais doutras vantaxes sociais que colocan ao corpo de condución de Vitrasa como o mellor pagado de toda Galicia.

Así mesmo, a metade do persoal conta con máis de 14 anos de antigüidade na empresa e máis do 90% dos contratos son indefinidos. Isto pon de manifesto a sólida aposta de Vitrasa historicamente por crear emprego de calidade.

A situación de perdas derivadas das consecuencias da pandemia sitúa como prioridade para Vitrasa o mantemento dos 348 postos de traballo, e a actitude do Comité de Empresa solicitando unha subida salarial enorme e desfasada nun momento de perdas económicas e prexudicando a principal fonde de ingresos que son os viaxeiros que transportamos, afastan a solución deste conflito cada día máis. A recuperación de usuarios desde a Covid-19 estase dando de forma gradual. O pasado mes de xaneiro aumentaron un 19% os viaxeiros con respecto ao mesmo mes de 2022, unha cifra que crece a pesar dos paros convocados polo Comité e que podería ser incluso maior, de non existir esta situación, axudando así á recuperación económica da empresa.

A compañía realiza diariamente grandes esforzos para ofrecer un servizo de transporte de calidade e dar resposta ás necesidades de mobilidade dos cidadáns con moitos obstáculos. Estes obstáculos son os mesmos aos que se enfronta a cidadanía á hora de planificar os seus desprazamentos cunha folga na que non existe periodicidade fixa e cada semana os días de paro sofren modificacións coa única intención de xerar maiores prexuízos aos usuarios e á empresa.

Coa decisión de alongar este escenario de paros e ameazar cunha folga indefinida o Comité segue demostrando a súa desconexión total coa realidade que nos ocupa sen formular propostas nin atopar puntos en común coa organización. Polo contrario, amosa o seu desinterese na supervivencia de Vitrasa chegando a negar a complexa situación económica da empresa e sinalándoa como responsable único da perda de viaxeiros que se produciu en tódalas explotacións de transporte urbano do noso país e que persiste en la práctica totalidade delas.

Dende a compañía queremos reiterar as desculpas a todos os nosos usuarios e usuarias, e garantimos a prestación dos servizos mínimos que atenden a todos os barrios da cidade e que poden ser consultados en www.vitrasa.es, nas nosas redes sociais Facebook / Twitter / Instagram

actualizados en tempo real nas app de mobilidade, así como nos teléfonos de atención ao viaxeiro 986 29 16 00 / 986 20 74 74.

Deja una respuesta