Vigo, Galicia
General Vigo

Marea de Vigo insta al gobierno local a personarse en el proceso judicial contra Aucosa por vertidos ilegales en la Ría de Vigo y en la depuradora de Teis sin contar con permiso para hacerlo.

Rubén Pérez: “A ría de Vigo non deixa de sufrir constantes agresións ambientais, ademais dos recheos feitos e os que están proxectados, agora asistimos á presenza de empresas que de xeito irregular fan vertidos á ría”.

Marea de Vigo considera que os concellos de Redondela e Vigo deben posicionarse dun xeito firme na erradicación dos vertidos e as actividades ilegais desta empresa.



O Grupo municipal da Marea de Vigo recibiu o escrito da Plataforma en defensa da ensenada de San Simón, a AAVV de Chapela e a AAVV San Bernardo de Cedeira dirixido ao Alcalde de Vigo no que solicitan a persoación do Concello de Vigo nun proceso xudicial aberto pola Fiscalía sobre as actividades da empresa Aucosa, “empresa ubicada en Rande, moi preto do noso Concello, nunha ubicacion cunha ampliación irregular e con procesos de autorización de vertidos cando menos discutibles” apunta o voceiro.

Marea de Vigo apoia a solicitude destes colectivos xa que, tal e como lembra Rubén Pérez, “temos preguntado no Concello, e non consta o permiso nin a autorización para utilizar a depuradora de Teis, tal e como está acontecendo pois esta depuradora municipal recolle gran parte dos vertidos desta fábrica”.

Marea de Vigo solicita ao Concello a persoación como acusación contra esta empresa “que leva anos vulnerando a legalidade e que parece ser tamén está utilizando recursos públicos sen ningún tipo de control, así como analíticas de laboratorio de discutible procedencia” sinala Rubén Perez.

“É preciso defender a nosa ría e o entorno natural fronte aos recheos e demais agresións que está sufrindo dun xeito cronico nos últimos anos, e que está poñendo en solfa tanto a actividade productiva como a saúde da nosa ría” conclúe o voceiro.

Deja una respuesta

Hide picture