Vigo, Galicia
General Vigo

Un equipo de anestesistas y cirujanos pediátricos del Chuvi desarrolló, por primera vez en Galicia, la técnica de la Crioanalsexia

O procedemento consiste na crioablación dos nervios intercostais nas operacións de Pectus excavatum, que é unha deformidade na parede torácica

O equipo leva operado con esta técnica a 5 nenos, con idades entre 13 e 15 anos, e todos están dados de alta e presentan unha evolución favorable

-A crioanalsexia reduce de maneira importante a dor postoperatoria e permite unha pronta recuperación e unha reincorporación máis rápida á vida habitual

Os especialistas en cirurxía pediátrica da Área de Vigo operan anualmente entre 6-10 novos casos de Pectus excavatum

Un equipo de anestesistas e cirurxiáns pediátricos do Chuvi desenvolveu, por primeira vez en Galicia, a técnica da Crioanalsexia nas operacións infantís de Pectus excavatum, que é unha deformidade na parede torácica anterior.

Con esta técnica, iniciada hai un par de meses no Alvaro Cunqueiro, os especialistas operaron a 5 menores con esta patoloxía, de entre 13 e 15 anos (4 nenos e 1 nena). Todos eles están dados de alta hospitalaria e presentan unha evolución favorable.

A Crionalsexia é un procedemento anestésico que consigue a ablación por conxelación dos nervios intercostais do tórax a través do frío, o que facilita a anestesia e a cirurxía, e sobre todo, reduce de xeito moi importante a dor postoperatoria, o que permite a pronta recuperación do paciente e unha rápida reincorporación a su vida habitual.

Vantaxes desta técnica

Segundo explica o anestesista, Juan Amate, “unha das grandes vantaxes que presenta este procedemento é que conseguimos que durante aproximadamente 3 meses o tórax este anestesiado, polo que durante este tempo o paciente non sinte dor e pode realizar a súa vida normal moi pronto, mentres que coa analxesia convencional o paciente vaise a casa con restricións importantes da mobilidade e non empeza a facer vida normal ata o carto mes”.

A Crioanalsexia pode realizarse a través de 2 procedementos diferentes: por vía percutánea ou de xeito intraoperatorio. No primeiro caso, a través dunha agulla guiada por ecografía introdúcese unha sonda que conxela os nervios intercostais producindo unha lesión intencionada de estos, controlada e reversible. Este procedemento se realiza uns días antes da intervención por parte dos anestesistas da Unidade da Dor, de xeito ambulatorio.

O procedemento intraoperatorio efectúase no mesmo momento da intervención cirúrxica, a través de toracoscopia, accedendo directamente á cavidade torácica. Ata agora, dos 5 casos realizados, 4 teñen sido percutáneos e un en quirófano.

“E importante coñecer e ter adestramento nos dous procedementos dado que, ás veces, segundo as circunstancias, está máis indicado facer un que outro”, asegura o cirurxián pediátrico, Marcos Prada.

50 operacións pediátricas de Pectus excavatum

O Pectus excavatum é unha deformidade da parede torácica anterior que fai que o esterno proxéctese cara adentro, formando unha depresión no peito, o que lle confire un aspecto afundido ou cóncavo.

Trátase dunha patoloxía relativamente frecuente na idade pediátrica, con máis prevaleza nos varón que nas mulleres. O Chuvi leva operados a 50 nenos e nenas con esta patoloxía. Anualmente se operan entre 6-10 novos casos .

Este afundimento do esterno, en relación co crecemento, pode xerar un desprazamento e compresión sobre os pulmóns ou o corazón.

Aínda que na adolescencia xeralmente non produce clínica importante, na idade adulta pode ocasionar serios problemas con significativas repercusións funcionais como intolerancia ao exercicio, arritmias, insuficiencia cardíaca, ecétera. “Hai pacientes que se operan xa de adultos, pero hoxe en día temos evidencia de que é máis eficaz intervir na idade pediátrica, antes de que aparezan as complicacións”, asegura o doutor Prada.

Novidades: cirurxía minimamente invasiva e sistema de dobre barra

A intervención cirúrxica do Pectus excavatum consiste -a través dunha cirurxía minimamente invasiva- na introdución no tórax dunhas barras metálicas de titanio, deseñadas especificamente para cada paciente.

O cirurxián introduce as barras curvas a través dunhas pequenas incisións, sen necesidade de abrir o esterno, para levantar o peito afundido; logo se engade unha barra estabilizadora para fixar e manter o peito no seu sitio.

Aínda que se trata dunha intervención complexa, xa que as barras van pegadas ao pericardio, a maior complicación é que estas se movan ou despracen, polo que este sistema de dobre barra aporta gran seguridade e evita esa complicación da cirurxía.

Neste senso, o cirurxián pediátrico conclúe que “nos últimos anos a técnica desta operación ten evolucionado moito e outras das novidades que temos incorporado ao tratamento é este sistema de dobre barras de titanio, que son moi lixeiras e proporcionan maior estabilidade. En xeral, hoxe en día a técnica é moi segura”.

Deja una respuesta