Un particular contactou co 112 Galicia minutos despois do mediodía e sinalou que tiña constancia deste suceso a través dunha persoa que acompañaba á falecida.
Esta caeu por un terraplén á altura do quilómetro 9 da OU-0856, na parroquia veiguesa de Prada. A persoa permanecía inconsciente no momento do aviso.
Os medios chegaron rapidamente ao lugar do accidente, e os efectivos do GES da Veiga encargáronse do seu rescate. A continuación, practicáronlle manobras de reanimación, sen éxito. Os servizos sanitarios só puideron confirmar o falecemento da implicada.
No operativo participan Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, o GES e a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da Veiga.
Desde Urxencias Sanitarias mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Ourense
