Con respecto ao tráxico suceso acaecido esta fin de semana
en Matamá onde un xove perdeu a vida, o Concello de Vigo quere puntualizar cal é o
procedemento administrativo seguido en base aos seguintes puntos:
1.- A Asociación Irmandade de Nosa Señora das Neves de Matamá solicita a ocupación
temporal do viario público, con motivo das festas populares de Matamá.
2.- A ocupación temporal da vía pública para a celebración deste evento está suxeito ao
control e autorización previa municipal.
3.- O Concello de Vigo rexistra cada unha das atraccións xerando un expediente particular
para cada unha delas. Neste expediente, o titular debe aportar o proxecto técnico da
atracción, manual de funcionamento e libro de operacións.
Pola súa parte, a Comisión de Festas presenta declaración responsable, firmada polo titular
da atracción, onde se designa a un técnico- enxeñeiro que certifica a instalación.
A autorización de ocupación de vía pública será concedida unha vez que a documentación
estea correcta e a declaración responsable entregada.
4.- No caso concreto do Saltamontes de Matamá, este Concello trasladoulle ao titular desta
atracción varios requirimentos coa documentación que tiña sen aportar. Ao mesmo tempo,
envioulle á comisión de Festas a resolución onde se indicaba que “a documentación resulta
incompleta para o exercicio de actividade polo que se declara comunicación non conforme”.
Tanto o titular da atracción como a Comisión de Festas tiveron notificación escrita da falta de
autorización por non atender os requirimentos de documentación.
Vigo
Tras casi tres días de silencio el Concello de Vigo se «lava las manos» y dice que el Saltamontes accidentado no tenía autorización municipal
- agosto 5, 2024
- 0 Comentarios
- hace 1 mes