- TANTO», o novo sinxelo de Lucía Pérez é un canto á honestidade e será a antesala do que promete ser un novo e emocionante disco da súa carreira.
- En palabras da propia artista esta nova canción representa «un abrazo entre culturas».
Lucía Pérez, unha das artistas máis queridas e recoñecidas damúsica galega,
presenta a súa nava canción «TANTO», unha canción que reflexa a súa madurez artística e a súa capacidade para fusionar diferentes influencias culturais. Con máis de 20 anos de carreira, sete discos publicados, a súa representación no Festival de Eurovisión e en Viña del Mar e os numeros concedas; Lucía Pérez demostra que segue innovando e sorprendendo aos seus seguidores.
Lucía dice estar nesa etapa onde as prioridades mudan e regresa ao esencial: «TANTO é un antoxo galego-mexicano, un abrazo entre culturas».
Lucía explica que «a magnitude do amor chega ás veces, en querer máis a outra persoa que a tí mesmo; pero darse conta, e tomar decisións aínda que doan, é de valentes. TANTO é un canto á honestidade, algo que agora parece estar en perigo de extinción».
TANTO foi composta pola propia Lucía xunto co artista emerxente G-Face, e producida por Juan Guevara. Esta canción será a antesala do que promete ser un novo e emocionante disco na súa carreira e xa está dispoñible na súa cante de Youtube, así como en todas as plataformas dixitais.
