Vigo, Galicia
Política

Rueda destaca la igualdad y la solidaridad como valores xacobeos intrínsecos al proyecto europeo: “Europa no se entiende sin el Camino de Santiago”

Hoxe, en declaracións aos medios en Negreira antes de realizar un tramo do Camiño de Fisterra e Muxía

  • Fronte a outros que queren autodeterminación e menos Europa, nós queremos máis Europa e máis igualdade”, subliña o líder do PPdeG
  • Critica que a Lei de Amnistía xera desigualdade territorial na medida en que “está feita para beneficiar a algúns en prexuízo de todos os demais” e reflexa “a chantaxe permanente á que está sometido Pedro Sánchez”
  • O presidente destaca os bos datos turísticos do que vai de ano: “Seguiremos apostando polo sentidiño e a sustentabilidade, demostrando que Galicia ten capacidade para atraer turistas ao longo de todo o ano”

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, destacou hoxe que o Camiño de Santiago “axudou a construír e a entender Europa” grazas aos valores de igualdade e solidariedade que caracterizan as peregrinacións xacobeas e tamén o proxecto comunitario que debe seguir vixente.

Así o manifestou está mañá antes de realizar o tramo entre Ames e Ponte Maceira do Camiño de Fisterra e Muxía acompañado pola secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, os candidatos Francisco Millán Mon e Adrián Vázquez, o portavoz do PP no Congreso dos Deputados, Miguel Tellado, o responsable de Turismo no Goberno galego, Xosé Merelles, e alcaldes e portavoces do partido na comarca.

“Fronte a outros que queren autodeterminación e menos Europa, nós queremos máis Europa e máis igualdade”, subliñou o líder dos populares galegos lamentando a desigualdade que fomenta a Lei de Amnistía promovida por Pedro Sánchez e aprobada onte grazas aos votos dos deputados do PSOE e do BNG.

Unha lei que, segundo asegurou, está “feita para beneficiar a algúns en prexuízo de todos os demais” e que reflexa “a chantaxe permanente á que está sometido Pedro Sánchez polo independentismo” na medida en que o seu Goberno “cautivo” é “incapaz de aprobar ningunha outra lei”.

TURISMO CON SENTIDIÑO

A pouco máis dunha semana para as eleccións ao Parlamento Europeo, o presidente Rueda animou a “meditar sobre o que significa Europa facendo o Camiño de Santiago” e aproveitou para amosar a súa satisfacción pola “magnífica saúde” das rutas xacobeas e do turismo galego.

Un balance positivo que se acredita co feito de que no día de onte xa se chegou ás 140.000 compostelas: “Estamos tendo e imos ter un magnífico ano turístico e así queremos seguir. Apostando polo sentidiño, a sustentabilidade e a desestacionalización fronte aos que falan de turismofobia e demostrando que Galicia ten capacidade para atraer turistas ao longo de todo o ano”

Deja una respuesta