Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

Profesionales de enfermería de atención primaria de Vigo premiados con la beca Trisquel de investigación en heridas

Catro traballos recibiron premios en diferentes categorías no V Congreso de Feridas

O primeiro premio foi para 3 enfermeiras do centro de saúde de Val Miñor polo seu estudo titulado “Análise da calidade dos coidados a partir unha ferida de difícil cicatrización”

Tamén obtiveron recoñecementos os traballos de enfermaría dos centros de saúde de Tui, Taboada Leal e Coia

O colectivo de Enfermaría da Atención Primaria de Vigo liderou os primeiros postos dos premios do concurso da V Beca Trisquel de Investigación en Feridas, entregados no Congreso de Feridas celebrado en Vigo.

Así, 4 equipos de enfermaría dos centros de saúde da Área recibiron varios premios nas diferentes categorías convocadas.

O primeiro premio da Beca Trisquel foi para un estudo de tres enfermeiras do centro de saúde de Val Miñor. O traballo, realizado por Myriam Barreiro, Andrea Otero e Beatriz Pérez, leva por titulo “Analisis de la calidad de los cuidados a partir de una herida de difícil cicatrización”.

Ademais, quedaron semifinalistas outros dous estudos: o realizado por un equipo de enfermaría do centro de saúde de Tui, “No todo es lo que parece: la importancia de un correcto diagnóstico”, cuxa autora principal é Mª del Carmen Vidal; e outro do centro de saúde de Taboada Leal titulado “Gestión del exudado en una paciente inmovilizada portadora de pañal”, cuxa autora principal é Elena Mª Lillo.

Noutras categorías, tamén foi recoñecido co 2º Premio Comunicación en formato póster ao grupo do centro de saúde de Coia, coordinado por David Fernández por “Adherencia a la terapia compresiva, ¿misión imposible? A próposito de un caso”.

Primeiro premio, análise da calidade dos coidados

A investigación gañadora do primeiro Premio da Beca Trisquel baséase no estudo dun caso dunha úlcera secundaria a vasculite leucocitoclástica nunha paciente pluripatolóxica.

Para súa abordaxe, as autoras seguiron o método científico denominado Proceso de Atención de Enfermería (PAE) que permite lograr un coidado holístico da paciente.

Segundo explican as autoras “o obxectivo principal era conseguir resultados óptimos de epitelización da ferida no menor tempo posible. Como obxectivos secundarios nos prantexamos analizar a calidade de nosos coidados para identificar oportunidades de mellora e ao mesmo tempo tratar de optimizar os materiais e recursos dispoñibles.”

Esta ferramenta permitiu unha análise participativa do equipo de Atención Primaria involucrado na atención da paciente, que axudaron en dar a coñecer os obstáculos que interferiron no caso, e ofreceron a posibilidade de crear plans de mellora.

Como conclusión, as autoras afirman que “a análise sistemática da calidade dos coidados, incorporado como un exercicio continuo na práctica asistencial, axuda a fomentar e impulsar a mellora continua da calidade.”

V Congreso de feridas

No V Congreso de Feridas participaron 500 profesionais sanitarios de toda España, maioritariamente persoal de enfermería, tanto residentes como especialistas en enfermaría familiar e comunitaria, aínda que tamén había médicos de familia, dermatólogos, cirurxiáns vasculares e traumatólogos.

O Programa científico desenvolvido repasou os avances na abordaxe de todo tipos de feridas crónicas e agudas como Feridas de Guerra, Pé Diabético, Lesións por Radiodermites, Queimaduras Químicas, Úlceras Vasculares, Lesións por feridas por flora e fauna Marina, e Lesións Cutáneas ao final de la vida, entre outros.

Deja una respuesta