Vigo, Galicia
Galicia Política

Pontón advierte que, tras escuchar a Rueda empeñado en mantener la misma política forestal, queda claro que Galicia volverá a arder

  • Chama á participación na manifestación do domingo en Santiago: “O PP non vai rectificar porque non lle importa Galiza, hai que obrigalo a facelo”
  • Galiza xa sofre as consecuencias dos lumes pola incompetencia do PP, non debe pagar cargas engadidas ao Estado pola suspensión do tren, alega
  • Aumentar a 100 metros as franxas de seguridade, reforestación en mosaico e duplicar os recursos de prevención en dous anos, entre as propostas que o BNG levará ao Parlamento

A portavoz nacional, Ana Pontón, advertiu que o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, deixou claro na súa comparecencia no Parlamento que “vai manter a mesma política forestal e de abandono do rural dos últimos 35 anos de gobernos do Partido Popular”, o que leva á “terrible conclusión de que Galiza vai seguir ardendo” sen que se aborden as causas estruturais que están detrás dos incendios, remarcou.

“Se se dan as mesmas condicións, e sabemos que o cambio climático é unha realidade, Galiza volverá arder ante un Goberno do Partido Popular empeñado en manter unha política forestal que converte os nosos montes nun polvorín”, incidiu logo do encontro que mantivo con representantes da plataforma Por un monte galego con futuro na que se integran 62 asociacións e organizacións sociais, sindicais e ecolóxicas e que convoca a manifestación deste domingo en Santiago para reclamar un cambio radical nas políticas forestais, agrarias e ambientais do Executivo do PP.

Pontón cualificou de “espectáculo lamentable” o exercicio de “irresponsabilidade e menosprezo” de Rueda na súa comparecencia parlamentaria polos lumes, á que acudiu “como se non tivese pasado nada e como se Galiza non tivese vivido unha auténtica catástrofe ambiental, social e económica este pasado mes de agosto”.

“Actuou con soberbia e prepotencia, sen a máis mínima autocrítica e mesmo minimizando o impacto do lume e as súas consecuencias”, criticou diante dos incendios “máis grandes deste século” que deixaron 143.000 hectáreas queimadas segundo o satélite Copernicus, casas queimadas, centos de persoas desaloxadas e catro brigadistas hospitalizados, un deles con apenas 18 anos que continúa nunha situación delicada e ao que desexou unha pronta recuperación.

A líder nacionalista recriminou ao titular do Executivo que despachara a maior vaga de lumes deste século “limitándose a dicir que a Xunta cumprirá a lei con 17 anos de retraso no que se refire ás franxas de protección e só nos concellos máis pequenos”, despois de que fose o PP quen reducira estas franxas de seguridade para vivendas e núcleos de poboación á metade, de 100 a 50 metros.

“E despachou a maio vaga de lumes deste século pedindo unha base permanente para a UME no noso País, unha medida que por certo xa foi desbotada polo Goberno do señor Rajoy no seu momento”, engadiu para evidenciar que Rueda nin “fixo ningunha

aportación significativa”, nin ofreceu “ningún tipo de acordo nin pacto de país” para poder afrontar un dos retos máis relevantes que Galiza ten por diante.

Neste sentido, advertiu que “nada se pode esperar do Partido Popular para loitar contra os lumes” senón que, ao contrario, “vai continuar con esa política de eucaliptización e de abandono dos montes” que é a que levou a esta situación e que supón “un perigo no medio do cambio climático”.

“O PP non vai rectificar porque non lle importa Galiza e cremos que hai que facelo rectificar, por iso é clave a mobilización social”, explicou para facer un chamamento á participación masiva na manifestación deste domingo en Santiago.

“Encher as rúas para dicirlle alto e claro ao Partido Popular que queremos unha Galiza libre de incendios, que queremos un monte limpo, multifuncional e con futuro e que queremos que se apoia a vida no noso medio rural”, subliñou logo de indicar que si “é posible outra política forestal e un medio rural con futuro”.

Alternativas reais e medidas concretas do BNG

Neste sentido, confrontou a ausencia de solucións de Rueda co plan integral ‘Da Cinza á Vida’ deseñado polo goberno alternativo do BNG para loitar contra os incendios, un plan que, avanzou, o Bloque levará ao Parlamento porque “é clave que haxa un debate a fondo sobre como cambiar as causas que levaron a estes grandes lumes”. “Esta catástrofe vivimos o pasado mes de agosto ten que significar un punto e aparte, un cambio de rumbo na política forestal e de apoio ao medio rural”, subliñou.

De entre as medidas presentadas polo BNG, destacou cinco propostas concretas, a comezar pola de aumentar a 100 metros as franxas de seguridade a vivendas e núcleos de poboación, tal e como estaban na lexislación antes do recorte do PP a 50 metros, e pola recuperación e a reforestación da superficie queimada en mosaico, unha medida que Rueda considerou fundamental na súa comparecencia pero que, sen embargo, o PP eliminou da lexislación galega.

En terceiro lugar, o Bloque aposta por duplicar en dous anos os fondos de prevención, garantindo a súa execución porque, advertiu, “de nada vale que aparezan nos orzamentos se logo non se levan a práctica”.

Por último, apostou pola moratoria do eucalipto, tendo en conta que xa hai máis de 300.000 hectáreas das previstas e esta especie é un risco en pleno cambio climático, e por revitalizar o medio rural incrementando as políticas de apoio ás actividades económicas no rural, dado que “o abandono e o despoboamento están detrás dunha parte dos incendios”, afondou.

Medidas concretas para afrontar o reto de loitar eficazmente contra os incendios, fronte a un Rueda que, incidiu, “nin ten unha soa medida, nin vontade real para que se poña en marcha o cambio estrutural que necesita o País”. “Se non se toman medidas, o que vivimos hoxe é só un anticipo e o que vén pode ser peor polo que nos están dicindo os científicos e as científicas”, recapitulou, para apuntar a continuación á “irresponsabilidade” dun Goberno do PP que, despois do acontecido en agosto, “non quere cambiar absolutamente nada das causas” que levaron a esta situación.

A preguntas dos medios, Pontón indicou que a suspensión de parte do servizo ferroviario en agosto non é consecuencia da neglixencia de Renfe, senón duns incendios forestais xestionados “dunha maneira neglixente e incompetente por parte do Partido Popular”, se ben remarcou que Galiza xa sofre as consecuencias desta vaga de lumes, polo que non debe “pagar máis por este desastre”.

“Non creo que teñamos que pagar cargas engadidas ao Estado pola suspensión de ningún tipo de servizo, xa pagamos cos incendios esta destrución como para, por riba, ter que indemnizar ao Estado”, afirmou.

O Goberno debe implantar o tren de proximidade canto antes

Tamén a preguntas dos medios, Pontón manifestou a súa satisfacción polo anuncio do Goberno central sobre a implantación do tren de proximidade en Galiza, unha medida que é posible grazas a un Bloque que “só cun deputado e unha senadora en Madrid” é capaz de “impulsar a axenda galega.

“Porque se se está falando da implantación das cercanías en Galiza é grazas ao acordo de investidura do BNG”, recordou, logo de referirse ao estudo do Ministerio como “un primeiro paso” para que o tren de proximidade chegue ao País. “Hai que facelo coa maior rapidez posible porque non podemos seguir sufrindo esta discriminación que ten consecuencias, porque pagamos máis polos billetes e temos peor servizo que noutras comunidades”, reclamou.

Polo tanto, estamos satisfeitos e satisfeitas de impulsar unha medida tan importante para Galiza, pero tamén cremos que o Goberno central debe darse présa agora para que esta medida pase dos estudos á realidade á que se comprometeu co BNG”, concluíu.

Pontón advierte que, tras escuchar a Rueda empeñado en mantener la misma política forestal, queda claro que Galicia volverá a arder
Pontón advierte que, tras escuchar a Rueda empeñado en mantener la misma política forestal, queda claro que Galicia volverá a arder

Deja una respuesta

Hide picture