Vigo, Galicia
Política Vigo

Podemos-Marea de Vigo pide a Caballero que siga la senda del ayuntamiento de Ames, cumpla el programa electoral del Psoe, y remunicipace el agua y saneamiento en Vigo.

A coalición de Podemos-Marea de Vigo, celebra o acordo do pleno de Ames de onte, cidade gobernada polos socialistas, que decidiu a xestión pública directa do abastecemento de auga e lembra que o programa marco electoral do PSOE para estas eleccións municipais avoga por esta fórmula.

Rubén Pérez: “Pese ao novo sistema tarifario en Vigo que eliminou o bloque de consumo mínimo de 30 metros cúbicos bimensuais, o realmente certo é que os vigueses e viguesas pagan o mesmo e seguimos sufrindo por decisións de Abel Caballero de ampliar a concesión un sistema de xestión do auga e saneamento que nada contracorrente do que está a debaterse en moitos concellos sobre a volta á xestión pública.

Para a coalición de Podemos e Marea de Vigo, urxe rematar xa o actual sistema concesional (prorrogado en numerosas ocasións) e realizar un estudo serio e un calendario que prime a remunicipalización do servizo como aprobou onte o Concello de Ames. En vez que inaugurar investimentos de Aqualia como a potabilizadora e que logo pagaremos nos recibos os vigueses e viguesas “o que ten que acometer urxentemente o Goberno local é a decisión e estudo rigoroso das posibilidades de remunicipalizar o servizo como xa o teñen abordado concellos como Valladolid ou Tarrasa e agora Ames, con resultados económicos excelentes para as arcas municipais” matizou Rubén Pérez.

Para Podemos e Marea de Vigo, actualmente futuros problemas de seca, a xestión pública directa está sendo un obxectivo de moitos concellos “para evitar – incidiu Rubén Pérez –  entre outras cousas, que o sistema de explotación privado sexa un instrumento clientelar de gobernos locais que obteñen dende obras públicas a recursos electoralistas mediante prórrogas concesionais, coma foi o caso de Vigo, onde a cambio de 5 anos de ampliación do contrato con Aqualia se consignaron 25 millóns de euros para un plan de investimentos, a meirande parte destinados a actuacións que nada tiñan que ver coa rede de abastecemento, 80% do custe de humanizacións completas, decoracións, subvención de festas parroquiais e outro tipo de superficialidades que nada achegaron á rede de abastecemento e dende logo, non supuxeron o arranxo e mellora da mesma”.

A coalición, firme defensora da remunicipalización da auga en Vigo, fará da cuestión da remunicipalización e do cambio do sistema tarifario a un máis xusto dende o punto de vista social un dos eixos programáticos e de explicación en campaña, basicamente para que «Vigo si xogue no TOP das cidades europeas que, como París xa abordaron hai anos á volta ao público deste servizo público esencial».

Deja una respuesta

Hide picture