Podemos-marea de vigo lleva al congreso de los diputados y diputadas el recurso de la sareb a la sentencia de privada moderna.
Rubén Pérez e Meli Vázquez, candidatos da coalición de Podemos e Marea de Vigo ás eleccións municipais, visitaron hoxe os bloques de vivendas que a SAREB ten en titularidade na rúa Privada Moderna no barrio do Calvario para reunirse cos veciños e veciñas residentes.
O chamado «banco malo» ten en concreto 48 vivendas nesta rúa das cales 6 están habitadas e sofren unha deixadez permanente do organismo que quedou con todas trala liquidación da construtora Vialmar e o traspaso de activos de Abanca (que adquiriu todo trala liquidación concursal)
Podemos e Marea de Vigo informaron que xa era posible antes do Consello de Ministros e Ministras que a Sareb, previa negociación co Concello ou a Xunta, cedese o dereito de uso de esas vivendas baleiras como fai con ducias en Concellos e administracións autonómicas no estado, «outra cousa e que nin Xunta nin Concello quixesen ver que existía un problema de abandono e degración de 48 vivendas no centro da cidade que perfectamente podían ser parte dun parque público de vivenda de alugueiro».
A coalición informou tamén da iniciativa do deputado de Unidas Podemos-Galicia en Común, Antón Gómez-Reino, que presentou varias preguntas no Congreso onte xoves que pretenden aclarar cales son os motivos para o recurso da sentenza que lle obrigaba a realizar reparacións e mantemento nos edificios da rúa Privada Moderna e como pretende aplicar a Sareb o principio de utilidade social introducido no seu réxime xurídico por medio do artigo terceiro do Real Decreto 1/2022 así como as garantías de mantemento dos contratos vixentes de alugueiro existentes.
Podemos-Marea de Vigo urxen tanto a reforma como mesmo a cumprir o que recomenda o futuro PXOM, que para este ámbito (Ordenanza U8. Actuacións unitarias consolidadas) que regula os ámbitos de actuacións urbanas unitarias residenciais xa existentes nos que por exemplo se inclúen actuacións de promoción pública pero mantendo o tipo edificatorio existente. Neste ámbito podería acometerse, ben pola SAREB ben mediante a cesión ao Concello como acontece noutras cidades, o que configura o futuro PXOM: “manterase o carácter unitario, permitíndose obras de conservación, consolidación, rehabilitación e reestruturación que non impliquen modificación do carácter unitario do conxunto.
Podemos-Marea de Vigo consideran que as obras de seguridade que garantan a salubridade, funcionalidade e salubridade dos edificios teñen que acometerse de xeito urxente e se a propietaria, neste caso a SAREB, sigue a negarse a facelo, o concello como ten acontecido noutras ocasións debe acometer xa a actuación subsidiariamente e proceder a pasar o cargo ao propietario. “estamos, engade Meli Vázquez, ante un acoso inmobiliario de libro, nun espazo no centro urbano no que poderían perfectamente ubicar 48 familias si algunha administración asumise o liderazgo dunha negociación coa SAREB para a cesión das mesmas e a rehabilitación e posta a disposición da veciñanza en fórmula de alugueiro público, algo que sucede en ducias de cidades do estado”