Vigo, Galicia
Política Vigo

Podemos-Marea de Vigo consideran que la subida del IBI de las viviendas vacías que permite la nueva ley de vivienda puede movilizar miles de viviendas en Vigo para alquiler.

A coalición lembra que, dende que está presente na corporación local, demandou ano tras ano aplicar os incrementos do IBI á vivenda baleira na cidade mediante modificación da ordenanza reguladora do Imposto de Bens Inmobles.

Podemos e Marea de Vigo consideran que a futura lei de vivenda pon os mecanismos precisos para abordar a insostible suba de prezos dos alugueiros na cidade e sobre todo para dotala dun parque público de vivenda en réxime de alugueiro taxado. O candidato á alcaldía, Rubén Pérez, «exixe ao goberno local prepararse para a súa implantación e ao PP que non a boicotee a lei como recentemente ven de anunciar no Congreso dos Deputados e Deputadas».

O prezo da vivenda en alugueiro pecha o primeiro trimestre do ano 2023 cun incremento trimestral do 4,7% e unha subida interanual do 9,7% situando o seu prezo en 11,55 €/m2 ao mes en marzo, segundo os datos do Índice Inmobiliario Fotocasa para o conxunto do estado. Con estes datos un piso de 80m2 custa, de media no estado, 924 euros mensuais mentres que o ano pasado custaba 834 euros. En Vigo o prezo medio xa é de 9,4 euros por metro cadrado «o que coloca á cidade xa a piques de estar nesa media estatal pese a que os salarios medios están a anos luz da media estatal.

Para Podemos-Marea de Vigo a futura lei de vivenda, xa en trámite de aprobación parlamentaria tras recibir a primeira luz verde no Congreso dos Deputados, ten a vantaxe de que entre as súas novidades un mecanismo para que os concellos poidan penalizar as casas deshabitadas a través de diferentes recargas no imposto sobre bens inmobles (IBI).  Esta medida pode facilitar que mais vivendas sexan alugadas e contribuír a rebaixar os prezos dos arrendamentos sempre e cando o goberno municipal decida aplicala «cuestión que para Podemos-Marea de Vigo vai ser un compromiso de cumprimento programático ineludible» sinala Rubén Pérez, candidato á alcaldía de Vigo.

Podemos-Marea de Vigo lembran que a nova lei de vivenda é «absolutamente garantista no procedemento», xa que para que se dea esta declaración municipal como inmoble desocupado con carácter permanente, vaise esixir sempre a audiencia previa do suxeito pasivo, é dicir, o propietario, e a acreditación por parte do concello dos indicios de desocupación. Para iso, como xa lembra o texto normativo, os consistorios poderán utilizar datos do padrón municipal, así́ como os consumos de servizos de subministración de auga, gas ou electricidade, entre outros mecanismos. A partir de aquí́, os concellos poderían aplicar diferentes recargas sobre o tributo: un do 50%, outro do 100% e outro máximo do 150%. 

Rubén Pérez lembra que xa antes era posible, pero agora hai máis garantías, que permitan aplicar a recarga de ata o 50% da cota liquida do imposto, que recaerá nos inmobles de uso residencial que se atopen desocupados con carácter permanente. A normativa explica no seu articulado os requisitos necesarios para entrar nesta definición. Así́, terá esta consideración o inmoble que “permaneza desocupado, de forma continuada e sen causa xustificada, por un prazo superior a dous anos, conforme aos requisitos, medios de proba e procedemento que estableza a ordenanza fiscal”. A casa en cuestión, ademais, terá que pertencer a un propietario que teña catro ou mais vivendas de uso residencial polo que o espectro de propietarios é moi concreto e definido.

Deja una respuesta

Hide picture