Vigo, Galicia
Vigo

Patrimonio cultural requiere al ayuntamiento de Vigo que complete la documentación respeto a la rehabilitación del Pazo de la Raposeira

Reclama aos técnicos municipais un estudo histórico da evolución construtiva do edificio e as obras realizadas sobre o mesmo; fichas de diagnose do estado de conservación actual; planos das plantas e dos esquemas estruturais; e unha descrición detallada da intervención a realizar

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural vén de requirirlle ao Concello de que complete a documentación respecto ao expediente relativo á rehabilitación e acondicionamento do Pazo Raposeira, na parroquia viguesa de Sardoma.

O conxunto que se pretende recuperar para uso sociocultural, e que inclúe tamén unha capela, un cruceiro, unha fonte, un estanque, xardíns e o valado do perímetro do prédio, en cuxa zona sueste se localizan as dúas portadas principais de acceso aos edificios e ao xardín rematadas con escudos, conta cun nivel de protección integral. Figura no catálogo de elementos protexidos do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Vigo.

Neste sentido e tras analizar a solicitude municipal, os técnicos do servizo de Patrimonio de Pontevedra consideran, a priori, que a intervención pode ser compatible coa preservación dos seus valores atendendo á aplicación de la Lei do Patrimonio Cultural de Galicia, se ben requírelle ao Concello emendar a proposta con nova documentación.

Deberá así realizar un estudo histórico no que se recolla a evolución construtiva do edificio e as obras realizadas sobre o mesmo, incluídas as executadas en tempos recentes. A resolución asinada e notificada hoxe especifica a necesidade de elaborar fichas de diagnose do estado de conservación dos diferentes sistemas construtivos, nas que terán que sinalarse os danos patolóxicos que presentan, así como as medidas adoptadas ou pendentes para a súa emenda e reparación e para a corrección ou eliminación dos factores causantes.

Asemade, establece que se faciliten, tanto do estado actual como do reformado, os planos acoutados das plantas, alzados e seccións, nos que se identifiquen con claridade os elementos que serán obxecto de intervención e o alcance da mesma: os planos de esquemas estruturais cos detalles construtivos das solucións a adoptar nos puntos singulares -caso das vigas nos muros portantes-; o os planos de trazado e de detalles construtivos das instalacións previstas, incluíndo o ascensor e as instalacións con impacto no espazo exterior.

Tamén reclaman os técnicos información sobre o estado actual das carpintarías existentes e as características dos cercados dos ocos, así como detalles sobre a proposta de reposición, incluídas as cancelas de acceso ou paso aos diferentes espazos exteriores do predio. Solicitan maior especificación sobre as solucións singulares, entre as que citan os beirados, encontros de cubertas con volumes sobresaíntes ou o tratamento de elementos pétreos senlleiros; e unha descrición

textual e gráfica da urbanización proposta e do tratamento dos elementos singulares localizados nos xardíns, así como dos peches. A este respecto, engaden, deberá achegarse unha reportaxe fotográfica que ilustre as características do pendello que se pretende demoler.

En todo caso, indican que se precisará dunha descrición detallada (dimensións e profundidade a acadar) dos diferentes movementos de terra e escavacións que se pretendan realizar, incluíndo aqueles que resulten necesarios para o soterramento e conexión das instalacións coas redes xerais de subministración e para o sistema de xeotermia. Remocións, cuxo emprazamento e alcance quedará reflectidas na planimetría correspondente, conclúen.

O Concello ten un prazo de dez días para presentar a documentación.

Deja una respuesta