Vigo, Galicia
Galicia General Política Vigo

Patrimonio Cultural recuerda al Ayuntamiento de Vigo que los restos localizados en la rúa elduayen deben quedar soterrados y preservarlos de la acción de la tuneladora

A Dirección Xeral responde así ao escrito remitido pola Administración local no que comunica o inicio da continuación das obras na Porta do Sol coa escavación do túnel

O departamento autonómico interpreta que os restos localizados serán afectados e desmantelados o que, avisa, contradí a súa última resolución

Recorda que as obras non poden entrar en contacto cos restos escavados debendo deixarse unha marxe de seguridade adecuada

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural vén de informar ao Concello de Vigo que as obras de escavación na rúa Elduayen, no marco do proxecto de humanización e transformación peonil no ámbito da Porta do Sol, deben respectar os restos localizados e preservalos da acción da tuneladora. Por este motivo, recorda que as obras non poden entrar en contacto con eles e deben deixar unha marxe de seguridade adecuada.

O departamento autonómico responde así ao escrito remitido pola Administración local no que comunica o comezo da continuación das obras de escavación. Porén, os técnicos de Patrimonio advirten que na resolución de data 17 de marzo non se resolvía o desmantelamento total dos restos, debendo estes quedar soterrados á espera dos resultados da intervención no tramo pendente da rúa Elduayen cara ao Paseo de Alfonso XII, e da natureza dos restos que se puidesen rexistrar para realizar unha valoración patrimonial completa.

Atendendo a devandita resolución, Patrimonio Cultural condicionaba a construción da lousa na parte superior do túnel ao desmantelamento (baixo supervisión arqueolóxica) da cabeceira dos muros afectados e o rexistro do muro divisorio entre os edificios de Casa Lemos e outros e Lemos.

Dito isto, os técnicos da Dirección Xeral de Patrimonio indican que do comunicado do Concello vigués, no que se apunta que a fronte da escavación chegou ao p.q. 0+245 e que continuará sobre o ámbito escavado ata o límite actual posible (0+296), despréndese que os restos anteditos veranse afectados e desmantelados pola acción da tuneladora, polo que lembran que as obras deben deterse antes de entrar en contacto con eles.

Deja una respuesta