Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

Patrimonio cultural autoriza al ayuntamiento de Vigo a la humanización de la plaza de San Mauro en Matamá

A Dirección Xeral comunica ao Concello de Vigo o seu informe favorable a actuación na parroquia con varias condicionantes sobre o documento municipal presentado

O proxecto deberá suprimir “a pérgola e todos os elementos que soporta, xa que pola súa dimensión, posición e materiais non responde aos criterios de integración”

As actuacións sobre a capela tamén deben ser obxecto dun proxecto específico e ser sometido á Subcomisión de Conservación do Patrimonio Cultural da Igrexa Católica en Galicia

A Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, dependente da Consellería de Cultura, Educación, FP e de Universidades, vén de informar favorablemente ao Concello de Vigo sobre a humanización da Praza de San Mauro, na parroquia de Matamá. A autorización dos técnicos está suxeita a varias condicións que teñen que ser cumpridas no proxecto municipal.

Así, o departamento autonómico responde ao documento achegado pola Administración local no que se remite o novo proxecto denominado “Humanización Plaza de San Mauro. Matamá” no que solicitan a súa autorización.

O proxecto inclúe dous tipos de actuacións, as que corresponden a unha intervención sobre o espazo público e outras que corresponden a unha intervención sobre o edificio da capela con protección integral. Atendendo á solicitude, Patrimonio Cultural autoriza a actuación promovida polo Concello no relativo ás actuacións de acondicionamento da praza, incluso a nova conformación dos espazos, pavimentación, instalacións e mobiliario, excepto a pérgola proxectada e todos os elementos que soporta.

Neste último punto, a Dirección Xeral Patrimonio Cultural considera que “a pérgola pola súa dimensión, posición e materiais non responde a eses criterios de integración e interfire na contemplación da capela que é, e debe seguir sendo, o elemento central que caracteriza este espazo e debe ser apreciada sen elementos que interfiran a súa contemplación”.

Ademais, a autorización indica tamén que as actuacións sobre a capela, incluso as de iluminación, deben ser obxecto dun proxecto específico de intervención, que terá que ser sometido a informe da Subcomisión de Conservación do Patrimonio Cultural da Igrexa Católica en Galicia.

“Calquera outra estrutura ou instalación permanente ou semipermanente, malia que sexa desmontable, que se sitúe no espazo de terraza, deberá contar coa autorización que require o artigo 39 da LPC (Lei de Patrimonio Cultural de Galicia), pola súa afección ó contorno da capela catalogada”, remata o informe de Patrimonio.

Deja una respuesta