O Concello está a disposición do 112 para o envío de máis medios se fora necesario. Esta mañá partiu cara a Puig, na Comunitat Valenciana, un dispositivo conformado por un mando, dous condutores-bombeiros e tres bombeiros cunha motobomba 4×4 e outro furgón con capacidade para 4.500 litros de auga.
Esta mañá saíron cara a Valencia 6 efectivos do Corpo de Bombeiros con dos vehículos, un deles unha bomba rural 4×4. Tal e como se ofreceu ao equipo coordinador do 112, o Concello está a total disposición das autoridades e en situación de enviar todos aqueles medios que sexan necesarios para a axuda na catástrofe producida pola DANA.
O equipo, conformado por un mando, dous condutores-bombeiros e tres bombeiros, partiron cunha motobomba 4×4 e outro furgón con capacidade para 4.500 litros de auga. Levaron consigo as EPIs, enganche para o arrastre de ata 3.500kg, bombas de achique eléctricas e de combustión, un tronzador, dos xeradores eléctricos, focos de iluminación, motobomba de lodos, padiolas de rescate, material de rescate en altura, traxes de neopreno, equipos autónomos de respiración, mangueiras de diferentes dimensións, vasoiras, pas, motoserras, entre outros equipamentos.
Amais, o Concello está en disposición de facilitar 15 efectivos da Policía Local, con vehículos e drons, e un equipo de 4 voluntarios de Protección Civil cun coche 4×4.
