Vigo, Galicia
General Portada

O SERGAS REALIZARÁ UNHA VACINACIÓN MASIVA NO IFEVI

  • Vanse a citar a 4.400 persoas da Área Sanitaria de Vigo entre 50-55 anos para vacinarse o próximo sábado
  • Trátase dunha proba piloto para testar a capacidade de vacinar en espazos alternativos ás estruturas sanitarias convencionai

O Servizo Galego de Saúde realizará o próximo sábado dia 13 unha proba piloto de vacinación masiva no IFEVI (Instituto Ferial de Vigo). Así, vanse citar a 4.400 persoas da Área Sanitaria de Vigo de entre 50 e 55 anos, para administrarlles a primeira dose da vacina.

Ata o IFEVI achegarase un equipo formado por case 60 profesionais sanitarios- enfermaría, TCAES, e celadores – que realizarán esta acción sanitaria en horario de 8.00 a 22.00 horas.

A poboación diana, a comprendida nesa franxa de idade e a partir dos apelidos que empecen pola letra H, será citada a través dun SMS en su teléfono móbil; e posteriormente recibirán unha chamada telefónica para confirmar que acudirán á cita.

Con este programa piloto trátase de testar a capacidade de vacinar en espazos alternativos ás estruturas sanitarias convencionais.

Deja una respuesta

Hide picture