Vigo, Galicia
General Política

O BNG de Vigo propón unha Mesa Local de Orzamentos para elaborar de maneira participativa uns presupostos que convertan o Concello nun “parapeto social”

  • Xabier P. Igrexas: “Non podemos permitir volver caer no erro de que os presupostos recollan unicamente a opinión do grupo municipal socialista. É o momento duns orzamentos de toda a cidade”

O Bloque Nacionalista Galego vén de anunciar que proporá ao alcalde e aos restantes grupos políticos do Concello de Vigo a posta en marcha dunha Mesa Local de Orzamentos para abordar de maneira participativa a elaboración dos presupostos do vindeiro exercicio.

O concelleiro, Xabier P. Igrexas, xustificou esta necesidade polo contexto “extraordinario” derivado da crise do coronavirus e os seus efectos a nivel social, económico e laboral. “Entendemos que os orzamentos municipais para 2021 van ser tamén uns orzamentos extraordinarios e non podemos permitir volver caer no erro de que os presupostos recollan unicamente a opinión do grupo municipal socialista. É o momento duns orzamentos de toda a cidade, que nos preparen para enfrontar os reptos que virán nos vindeiros meses”, defendeu.

Con ese pretenso, defenden a necesidade de impulsar a Mesa Local de Orzamentos, concibida como un espazo para unha participación real e efectiva do tecido asociativo e de todos os axentes que interveñen na cidade, para elaborar de maneira conxunta un proxecto de orzamentos que sexa “útil para a veciñanza e que atenda as necesidades reais da cidade e minimice os efectos da crise”

“Non é hora de monólogos nin de discursos enlatados, é o momento do diálogo, de sumar esforzos e da cooperación. O BNG seguimos tendendo a man e instamos o Goberno municipal a que a través desta Mesa Local de Orzamentos poidamos poñer en común uns orzamentos para o 2021 que permitan dar un impulso á cidade impedindo que ninguén quede atrás”, propuxo o portavoz municipal nacionalista.

Parapeto social

Desde o Bloque advirten de que os efectos socioeconómicos da crise da Covid19 estanse a facer notar e alertan de que é previsíbel un duro impacto en termos de emprego, e a súa tradución en máis empobrecemento e pobreza, en máis dificultades para a maioría social que representan as clases populares e traballadoras.

Deja una respuesta

Hide picture