Vigo, Galicia
Vigo

Nuevos trillizos en el Alvaro Cunqueiro.

Os bebés, dous nenos e unha nena, xa están na súa casa

Trátase do segundo parto de trillizos deste ano

O servizo de Obstetricia e Xinecoloxía do Álvaro Cunqueiro acaba de realizar o segundo parto de trillizos do ano.

Así, o pasado 26 de setembro chegaron ao mundo Gabriel, Alanna e Artai. Os bebés pesaron ao redor de 2 quilos cada un deles e, curiosamente, todo mediron o mesmo, 47 cm.

Son os primeiros fillos para os seus pais, Miriam Figueroa e Gabriel Badoi, que viven en Vigo.

Tras pasar unhas semanas na Unidade de Neonataloxía foron dados de alta e están na súa casa evolucionando sen complicacións.

Na súa despedida do Hospital recibiron un regalo de Amazon, da súa estación de Porriño. A súa representante, Christianne Ester, fíxolles entrega de bodys e kits con diverso material hixiénico (cueiros, toallitas).

Esto son os segundo trillizos nados este ano no Álvaro Cunqueiro. Desde que o hospital iniciou a súa andaina, no 2015, ata hoxe, rexistrou 5 partos múltiples de trillizos.

Deja una respuesta