O Concello de Vigo informa de que a novaanalítica realizada na praia da Punta volveu dar resultado positivo, polo quepermanece a recomendación de non bañarse nesta zona.
Os servizos municipais volveron revisar tanto o funcionamento dadepuradora como as redes de saneamento da cidade e, ao igual que nas comprobacións anteriores, non se detectou ningunha fuga nin incidencia no sistema de saneamento.
Ante esta situación, continúanse investigando as posibles causas que poidan estar detrás dos resultados das análises.
Está prevista unha nova toma de mostras este domingo, cuxos resultadosse coñecerán o vindeiro martes.
Vigo
Nueva analítica positiva en A Punta: Concello de Vigo mantiene la recomendación de no bañarse y sigue buscando el origen
- agosto 14, 2026
- 0 Comentarios
- hace 10 minutos
