Vigo, Galicia
Sucesos

Muere un trabajador atrapado por una máquina en Gondomar

O operario quedou atrapado de foi necesaria a intervención dos equipos de excarceración.

Así, mobilizáronse os Bombeiros do Porriño e os membros do GES de Val Miñor. Sen embargo, nada podía facerse xa por salvar a vida do traballador.

A alerta sobre este accidente activouse no 112 Galicia pouco antes das once desta mañá mediante un aviso de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. O equipo médico confirmou xa o falecemento do operario e solicitou a intervención dos efectivos de rescate e salvamento, por iso contactouse cos Bombeiros do Porriño e o GES de Val Miñor.

Á súa chegada ao lugar dos feitos, comprobaron que a persoa estaba completamente atrapada pola máquina, pero debían agardar ás autoridades xudiciais para poder proceder a liberación do corpo.

Cómpre indicar que o accidente produciuse nunha empresa do sector forestal situada no lugar de Telleiro, en Gondomar.

Deja una respuesta

Hide picture