Vigo, Galicia
General Portada

Marta Fernández-Tapias y porté online presentan el primer trofeo de baile internacional Vigo Xacobeo 21-22 que se celebrará en mayo

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo destacou o apoio do Executivo galego a este certame, recoñecido como un dos eventos de baile máis importante de Europa
  •  Invita a aproveitar o impulso que supón a celebración deste dobre Ano Santo como motor da reactivación turística e cultural e da economía da Comunidade
  •  Máis de 700 bailaríns de 40 centros de danza de todo o mundo participarán nesta primeira edición coa vista posta na pronta recuperación do formato presencial

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, e Porté Online presentaron hoxe o que será o primeiro Trofeo de Baile Internacional Vigo Xacobeo 21-22 que terá lugar nos vindeiros 21, 22 e 23 de maio e que contará cun formato online onde as coreografías serán retransmitidas por streeming por mor da covid-19. A antesala, dixo, do que será o próximo Vigo Porté Xacobeo.

A representante autonómica celebrou que este certame, considerado un dos eventos máis importantes de Europa, manteña un ano máis a súa cita na cidade malia as dificultades derivadas da pandemia. Corroborou así o compromiso da Xunta coa súa celebración á espera, dixo, que a medida que avancemos cara a unha nova normalidade, recupere o seu formato orixinal.

Tras destacar o importante papel que xogan as tecnoloxías neste contexto de crise sanitaria, invitou a confiar no impulso que suporá a celebración deste dobre Ano Santo como motor da reactivación turística e cultural e da economía da Comunidade. “Hai cousas que non poden ser substituídas, pero neste caso hai eventos que deben ser apoiados”, subliñou, ao tempo no que defendeu que a colaboración da Xunta de Galicia a través do Xacobeo para garantir o Porté en Vigo era un esforzo necesario. “A danza segue, non pode parar, a pesar das restricións e dunha necesidade constante de adaptación”, apuntou.

Valorou así a celebración deste certame, pola súa proxección internacional, pola súa calidade artística e pola profesionalidade dos máis de 700 bailaríns de 40 centros de danza de todo o mundo que participarán nesta primeira edición. O xurado, presidido por Javier Castillo “Poty” estará composto por 24 artistas profesionais do mundo da danza, das artes escénicas e do espectáculo e impartirán un total de 15 Master Class que se celebrarán tamén vía online.

Nun ano significativo para o turismo galego, coa celebración do Xacobeo e a aposta por Galicia como destino seguro e de calidade, o Porté Online preséntase cunha oferta diferenciada no contexto dun Ano Santo que debe verse, en opinión da delegada, como unha oportunidade. “O esforzo que facemos este ano é unha garantía para o futuro, para que aqueles eventos que están programados podan celebrarse con planificación e a certeza de que sexan viables e que aqueles que a día de hoxe son implantexables se tornen realizables”, anotou.

“Queremos seguir protexendo o emprego cultural, incentivando o consumo e deseñando novos formatos que permitan que a actividade continúe a pesar da pandemia”, aseverou. Neste sentido, garantiu o compromiso da Xunta de seguir traballando na celebración do Xacobeo, un evento único, no que Vigo está chamado a xogar un papel principal, pola súa proximidade con Portugal, pola súa dimensión e potencia e por ser un dos principais actores económicos de Galicia.

20210513PorteOnlineXacobeo4

Deja una respuesta