Vigo, Galicia
Galicia General Vigo

Marta Fernández-Tapias destaca la importante labor de dinamización de los centros sociocomunitarios como espacios de encuentro del barrio

A delegada territorial en Vigo foi a encargada de clausurar este martes o curso do Centro Social Rivera Atienza, que retomará en setembro a nova programación

Puido comprobar as diferentes actividades que se realizan no centro, como baile, pintura, clases de ioga, tai chi e pilates ou obradoiros de axilidade mental

— Os 6 centros de Vigo, xestionados pola Xunta, mobilizan uns 29.000 usuarios en conxunto aos que lles ofrecen máis de 200 actividades ao longo do ano

– A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acentuou hoxe a importancia dos centros sociocomunitarios como dinamizadores socioculturais e espazos de encontro para a veciñanza. Fíxoo coincidindo co acto de clausura do curso no Rivera Atienza, onde puido comprobar as diferentes actividades que se realizan no centro e participar dalgunha das actuacións que tiñan preparadas con ocasión da programación do fin de curso.

Tras sinalar que a Xunta é moi consciente do que significa para as viguesas e os vigueses dispoñer destes espazos, “nos que non só compartides experiencias e mesmo facedes amizades”, a representante autonómica incidiu na importancia de seguir apostando por un modelo de atención para os maiores que lles garanta “as mellores condicións de vida e a súa autonomía”.

Neste sentido, incidiu na aposta inequívoca do Goberno galego por “un modo de vida activo, saudable e independente”, valores que, dixo, “son os que en esencia se fomentan neste tipo de centros”.

Os 6 centros de Vigo, Rivera Atienza, Bouzas, Coia, Pi y Margall, Teis e O Calvario, mobilizan anualmente uns 29.000 usuarios en conxunto aos que lles ofrecen máis de 200 actividades ao longo do ano, así como outros servizos complementarios como biblioteca, sala de xogos ou de prensa.

Un completo programa de actividades, que converten estas instalacións “no epicentro de ocio do barrio vigués”, tal e como sinalou Fernández-Tapias, que inclúen obradoiros temáticos, charlas e excursións, clases de ioga, tai chi e pilates, de informática, manualidades, pintura o baile, así como esmaltado, confección ou cestería, entre outras propostas

Deja una respuesta