Vigo, Galicia
General Portada

Marta Fernández-Tapias destaca el patrocinio del Xacobeo en el europeo de Snipe que dará cita en Vigo a los mejores regatistas de la flota

  • A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, gabou hoxe a importancia da vela no deporte galego, como así o demostra a participación dos olímpicos do Náutico de Vigo Nicolás Rodríguez e Tamara Echegoyen en Tokio

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participou hoxe na presentación do Europeo de Snipe que se celebrará do 4 ao 8 de agosto en Vigo e do que o Xacobeo 21-22 é o principal patrocinador. Unha cita que ten por obxectivo reunir a máis dun centenar de barcos e coa que se pretende honrar a creación da primeira flota creada en España, no club vigués en 1941.

A representante autonómica recordou que esta clase foi, da man de ilustres regatistas como Cholo Armada e Fernando Massó, “unha das flotas máis importantes e lauradas das augas galegas, nutrindo aos clubs de grandes regatistas”.

Tras valorar a decisión da SCIRA, Asociación Internacional da Clase Snipe, que concedeu ao Real Club Náutico de Vigo a organización deste campionato, gabou a importancia da vela no deporte galego como así o demostra a participación dos olímpicos Nicolás Rodríguez e Tamara Echegoyen, “con sólidas opcións de medalla nos Xogos de Tokio”.

Nesta mesma liña, destacou o traballo e as instalacións do Real Club Náutico de Vigo, que permitirá que “Vigo se vexa beneficiado de todos os elementos positivos que implican a celebración dun campionato europeo”. Lembrou así que pola cidade e da man do Xacobeo pasarán estes días máis dun cento de regatistas e as súas familias chegados de distintos países”.

Xa por último, Fernández-Tapias insistiu en que a Xunta segue a traballar para facer deste o mellor Ano Santo de todos os que se recordan cunha potente programación de cara ao 2022 na que Vigo xogará un papel fundamental. Un compromiso que xa ten reflexo nos moitos eventos que se teñen anunciado baixo a paraugas do Xacobeo 21-22 como é o caso deste Europe de Snipe, a Ruta do Cabaleiro das Cunchas, a Ruta Iacobus Maris que terá lugar o vindeiro ano, o Rally Rías Baixas que se celebrou esta fin de semana ou o Festival do Marisquiño, concluíu.

20210729EuropeoSnipe

Deja una respuesta