A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, asistiu na xornada de hoxe no expositor de Galicia en Fitur á presentación da oferta turística da Deputación de Pontevedra, coa campaña #momentoRías Baixas. Es tu momento impulsada por Turismo Rías Baixas; e do Concello vigués Vigo, sentimentos compartidos.
Xa pola tarde, a representante autonómica acudiu ás presentacións de Toda Galicia en tu mano do Xeodestino Ría de Vigo-Baixo Miño e Un Territorio por descubrir, a proposta do Xeodestino Condado Paradanta.