Vigo, Galicia
General Vigo

Marta Fernández-Tapias anuncia la cesión gratuita al ayuntamiento Vigo 2 parcelas CCVV rúa Santiago

  • A presidenta do organismo rehabilitador e delegada territorial da Xunta en Vigo enmarcou esta decisión na vontade de colaboración co goberno local no desenvolvemento do ámbito da panificadora
  • Trátase dos números 43 e 59, que ocupan unha superficie de 150 metros cadrados

A presidenta do Consorcio Casco Vello de Vigo (CCVV) e delegada territorial da Xunta en Vigo e preside, Marta Fernández-Tapias, anunciou este luns a cesión gratuíta ao Concello de Vigo de dúas parcelas do organismo rehabilitador na rúa Santiago, dando así cumprimento ao acordo adoitado no consello de administración do 25 de marzo de 2020.

Fernández-Tapias enmarcou esta decisión na vontade de colaboración do CCVV, que recordou está participado nun 90% pola Xunta e un 10% polo Concello vigués, co goberno local no desenvolvemento do ámbito da panificadora.

Trátase dos números 43 e 59 da rúa Santiago cunha superficie conxunta de 150 metros cadrados e que, segundo informou a presidenta do Consorcio, “se ceden para ser destinados ao uso dotacional previsto na modificación puntual do Plan Especial de Protección e Reforma do Casco Vello de Vigo”.

Estes inmobles non poderán destinarse a fins distintos aos acordados, e o Concello vigués terá un prazo máximo de catro anos para o seu desenvolvemento.

Ao fío, Fernández-Tapias incidiu na importancia da colaboración entre administracións, como así o acredita este acordo, e aproveitou para solicitar ao goberno local “maior proactividade” activando os mecanismos urbanísticos que permitirían ao Consorcio Casco Vello de Vigo intensificar a adquisición de inmobles.

Pediu así a colaboración do Concello para que habilite as ferramentas expropiatorias que permitirían desbloquear a rehabilitación de edificios cando non é posible acceder ao solo mediante a súa compra.

Nesta mesma liña, se pronunciou respecto á sede do Centro de Arte Contemporánea (CGAC), a aposta da Xunta para un dos edificios contiguos ao albergue de peregrinos na fachada do Berbés, sobre a que desexou que os representantes municipais no Consorcio levanten o veto.

Deja una respuesta