Vigo, Galicia
General Portada

Marta Fernández-Tapias acompaña en Vigo a los participantes del camino verde, la propuesta de Asdegal en el marco del programa de “ O Teu Xacobeo «

  • A delegada territorial en Vigo subliña a aposta da Xunta por fomentar e potenciar a inclusión en materia turística e por un Camiño de Santiago accesible e seguro
  • Durante tres semanas os participantes realizarán 8 etapas do Camiño Portugués da Costa realizando tarefas de limpeza e sensibilización ambiental

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, acompañou hoxe no albergue de peregrinos Juan Manuel López-Chaves aos participantes do proxecto Camiño Verde, a proposta de Acción Solidaria de Galicia (Asdegal) no marco do programa de “O Teu Xacobeo” en colaboración coa consultora galega QualityNova.

A iniciativa que ten como eixe central a realización do Camiño Portugués da Costa propón ademais o desenvolvemento de tarefas de limpeza e sensibilización ambiental. Durante tres semanas, en grupos integrados por persoas con discapacidade de diferentes centros de referencia da provincia de Pontevedra e voluntarios, se realizarán 8 etapas desta ruta xacobea ata completala.

A que partiu hoxe desde Vigo é a cuarta etapa na que participan 43 persoas que completarán a ruta ata Redondela e que pertencen ao HC San Rafael, o Centro Esclavas de la Virgen Dolorosa de Mos, a Fundación Amedis e a propia Asdegal.

O proxecto arrancou o pasado 6 de xullo no municipio pontevedrés de A Guardia e ten previsto finalizar o vindeiro día 29 en Santiago de Compostela. Neste sentido, Fernández-Tapias, acentuou os valores vencellados a esta iniciativa como o fomento da inclusión social e da accesibilidade do Camiño de Santiago para persoas con discapacidade, o achegamento do Xacobeo aos colectivos vulnerables, o coñecemento do patrimonio, a cultura e a contorna natural dos municipios que atravesa o Camiño Portugués da Costa e a súa sostibilidade medioambiental.

Neste sentido, a delegada territorial subliñou importante aposta da Xunta por fomentar e potenciar a inclusión en materia turística e por facer do Camiño de Santiago unha ruta accesible e segura. Así tras aseverar que esta iniciativa é o mellor exemplo do “Xacobeo deseñado para todos e para toda Galicia” no que traballou a Xunta nos últimos dous anos, destacou Fernández-Tapias, que convidou a aproveitar ao máximo a oportunidade que supón a celebración deste dobre Ano Santo, especialmente naqueles territorios que contan co plus de ser rutas xacobeas.

“Facer de Galicia un destino competitivo de primeiro nivel é unha responsabilidade colectiva e un reto ante un turista cada vez máis exixente, polo que debemos potenciar as nosas fortalezas, as que nos colocaron como un dos destinos máis valorados no 2019, e o noso modelo turístico seguro e de calidade”, subliñou.

Xunto a HC San Rafael, o Centro Esclavas de la Virgen Dolorosa de Mos e a Fundación Amedis, participan nesta iniciativa usuarios de Down Vigo, Aspanaex, Aceesca, o Centro Juan María de Nigrán, Discamino y San Xerome Emiliani.

20210715CaminoVerdeAsdegalXacobeo

Deja una respuesta