Rubén Pérez: “Ao igual que se fixo nos pasados meses de marzo e abril, cando diariamente se informaba de todas as medidas que se estaban a tomar no municipio e incluso se contaba coas propostas dos Grupos municipais ante a crise sanaitaria, cremos que o Goberno local debe volver a establecer canles de información co resto da Corporacion local”.
Marea de Vigo demanda retomar as canles de información entre o Goberno e a oposición, “nun momento especialmente crítico, non so para a economía da cidade senón na propia situación sanitaria onde é posible un novo colapso hospitalario” apunta Rubén Pérez.
“Cremos que non é de recibo o non recibir absolutamente ningunha información por parte do Goberno local e que as actas dos acordos do Comité COVID do concello nin tan sequera estean a disposición do público (a diferenza do acontecido na primaveira, cando se podía acceder a través da web do concello)” sinala o voceiro.
“Esa interlocución si que se está dando noutros concellos do país, onde incluso os grupos da oposición poden facer aportacións, nada que ver co que está pasando en Vigo, onde nin se nos informa, nin podemos aportar. Esperemos que o Goberno local, e nomeadamente o alcalde, Abel Caballero, reciba a solicitude e se convoque de inmediato unha xuntanza, como un funcionamento absolutamente normal e democrático nos concellos civilizados deste país” conclúe o voceiro.