Vigo, Galicia
General Vigo

Marea de Vigo se oponen a hacer más rellenos en la la ría de Vigo por ser ambientalmente insostenibles e insta a la autoridad portuaria a enfrentarse a la realidad empresarial de oporto para su reorganización.

Rubén Pérez: “Facer recheos na ría ou dicir que Vulcano non siga facendo barcos e desapareza para poder utilizar ese espazo para meter os contedores son as opcións de políticos incompetentes”.


Os datos sobre o tráfico de contedores do porto de Leixões, que vén triplicar o de Vigo nun espazo considerablemente menor, “amosan claramente que o problema do Porto de Vigo e da competitividade da súa terminal de contedores non ten nada que ver co espazo senón coa optimización e a xestión política e administrativa como é a Delimitación de Espazos e Usos Portuarios (DEUP)” afirma Rubén Pérez, voceiro da Marea de Vigo no Concello. No caso do Porto de Vigo, este documento non existe na actualidade xa que foi tumbado por sentenza xudicial.

Para a Marea de Vigo, a DEUP “é imprescindible non só para a delimitación de que usos son prioritarios ou secundarios no Porto e polo tanto poderían desenvolverse noutras instalacións (tal e como ía ser co Porto seco de Salvaterra) senón para que o Porto creza de xeito organizado” apunta o concelleiro.

Ademais da falta de DEUP, Rubén Pérez sinala como feitos responsables da “nefasta situación” do porto vigués que tanto o actual presidente da Autoridade Portuaria coma os anteriores van “pola vía dos feitos consumados” e das cuestións “fáciles”, coma son, segundo explica o voceiro, “facer recheos na ría ou dicir que Vulcano non siga facendo barcos e desapareza para poder utilizar ese espazo para meter os contedores”. “Estas son as opcións de políticos incompetentes, dos que simplemente o que queren é gañar metros de zona portuaria ao mar sen enfrontarse á realidade empresarial no Porto, entre as que están dicirlle a algúns empresarios que a súa actividade no Porto non ten nada que ver coa actividade portuaria e deben trasladarse a outras instalacións” matiza.

Marea de Vigo cualifica a situación da xestión do Porto coma un “mal endémico histórico en Vigo”, xa que, segundo o Grupo municipal, “existen moitos intereses empresariais que utilizan o Porto coma se fora un cortijo andaluz”. Marea de Vigo se posiciona absolutamente en contra da decisión do Goberno do estado de autorizar novos recheos, “xa sexan para gañar calado, para poñer terminais loxísticas de contedores ou para calquera outra actividade” engade Pérez.

“Os recheos na ría de Vigo son ambientalmente insostibles – sentenza o voceiro- É un gran erro, sendo esta a opción que históricamente ten empregado o Porto de Vigo para crecer en lugar de reordenar e presentar de verdade un Documento de Delimitación de Espazos e Usos Portuarios que conteña as suficientes garantías para poder ser incorporado análogamente ao novo PXOM, co obxectivo dunha interacción real entre porto e cidade baixo ambas normativas”.

Marea de Vigo anuncia que outro recheo máis na ría vai contar coa sua oposición e denuncia ante a UE, “tal e como xa fixemos noutras ocasións nas que se denunciou o que se estaba facendo coa actividade portuaria e cun ecosistema tan danado e do que dependen centos de familias como é o ecosistema da ría de Vigo” conclúe Rubén Pérez.

Deja una respuesta