Vigo, Galicia
General Portada

MAREA DE VIGO REXISTRA UNHA MOCIÓN PEDINDO A BAIXADA DO IVE PARA O SECTOR DAS PERRUQUERÍAS, BARBERÍAS E CENTROS DE ESTÉTICA.

O Grupo municipal, que mantivo unha xuntanza nos pasados días coa Plataforma de imaxe persoal “Creer en nosotros”, insta ao Goberno local á aplicación de bonificacións nas tarifas de auga, sanamento e lixo como medida de apoio desde a administración local así como ao propio Ministerio de Facenda a levar a cabo a redución do IVE ao 10%.

Rubén Pérez: “Consideramos que a reivindicación da plataforma é absolutamente necesaria, nun sector que en Galicia da traballo a máis de 20.000 persoas”.



“Trátase dun sector moi danado pola crise da COVID-19 mais tamén pola decisión unilateral do Goberno do Partido Popular no ano 2012, cando se lle subiu o tipo de IVE do 8 ao 21%” sinala Rubén Pérez, voceiro do Grupo municipal.

Coa subida do ano 2012, desapareceron centos de establecementos en Galicia (arredor de 8.000 en todo o estado), “agora trátase de impedir que se continúe co peche de máis establecementos con esta baixada do IVE que se está a reclamar” matiza o voceiro.

No texto da moción, introdúcese tamén a posibilidade de axudas ao sector desde a administración local dentro das súas competencias, como bonificacións nas tarifas da auga, “especialmente agora, que coa subida aprobada polo Goberno vigués, estase producindo un incremento notable en moitos negocios da cidade nos que o consumo de auga é relevante, coma o caso das perruquerías” engade Rubén Pérez.

Deja una respuesta